Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Paleta de Narmer - Wikipedia

Paleta de Narmer

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Reprodución da Paleta de Narmer exposta no Royal Ontario Museum, Canadá.
Agrandado
Reprodución da Paleta de Narmer exposta no Royal Ontario Museum, Canadá.

A Paleta de Narmer ou Gran paleta de Hierakómpolis é un achado arqueolóxico exipcio datado entre 3100 e 3200 a.C. e que contén algúns dos hieróglifos máis antigos actualmente coñecidos. Trátase dunha placa ceremonial (ou, segundo outros autores, unha base para preparar maquillaxe) con inscricións e relevos representando o acontecimento histórico da unificación do Alto e Baixo Exipto sob o rei Narmer (posíbelmente outro nome para Menes ou un antecesor seu).

A Paleta, que sobrevive en óptimas condicións, foi atopada polos arqueólogos británicos James E. Quibell e Frederick W. Green en 1894 en Hierakómpolis, a antiga capital pré-dinástica do Alto Exipto, no santuario do abutre Nekhbet, protector dos reis do Sul, situado en El-Kab. Na mesma excavación atopáronse a maza de Narmer e a maza de Escorpión. Desgrazadamente, o lugar exacto destes achados non foi rexistrado apropiadamente. En todo caso parece que a Maza de pedra formaba parte dun depósito e obxectos votivos do protodinástico (as veces denominado "depósito principal"), enterrado baixo o chan do templo que data do Imperio Antigo mentres que a paleta atopouse a uns metros de distancia.

A paleta encóntrase actualmente no Museu do Cairo, Exipto.

Índice

[editar] Descrición

As paletas son un dos documentos máis antigos polos que se pode coñecer a historia do Exipto. Datan do período pre-dinástico e atópanse nas áreas de asentamento do Gerzense ou Naquada II (3600-3200 a.C aproximadamente), cultura moi extendida que se pode atopar até na Baixa Nubia. Nun principio, a súa función era a de servir de soporte aos pigmentos, cremas, óleos, etc. que se aplicaban sobre o corpo. Era frecuente atopálas nos enxovais funerarios ou como ofrendas aos templos. Elaborábanse en diferentes materiais, como a pedra, o marfín, o oso, etc. e nelas plasmábanse tanto feitos mitolóxicos como reais.

O estudo da paleta non está isento de problemas e existen mesmo diferentes abordaxes sobre cal sería a sua función. Mais a grande liña temporal que separa a creación da paleta da arte final do antigo Exipto permite, no entanto, observar como moitas das características e elementos se repiten ao longo da sua historia, o que posibilita unha mellor interpretación.

A placa, decorada em baixo-relevo de ambos os lados, consiste nunha única peza de pizarra ou esquisto verde polido de 64 cm de altura, 45 cm. de anchura e 6,5 cm. na súa parte máis grosa. Presenta unha forma aproximada á dun escudo. Na parte superior das dúas faces hai serekhs (o antecesor do cartucho) cos símbolos n'r (peixe-gato) e mr (cinzel), representación fonética do nome de Narmer.

[editar] Face anterior

Face frontal de reprodución exposta no Royal Ontario Museum.
Agrandado
Face frontal de reprodución exposta no Royal Ontario Museum.

A face anterior encóntrasse dividida em 4 níveis, superior, intermedio superior, intermedio inferior e inferior.

A zona superior, que termina nunha forma recortada, é similar en ambos os dous lados e presenta o nome do rei nun serekh, co nome do faraón) inscrito entre dúas cabezas de bovino (interpretacións: unha vaca - como referencia ás deusas Hathor ou Bata ou un boi – como referencia á forza do rei). Aquí pódense xa observar diferenzas do estilo de representación que tanto caracteriza a arte exipcia das "grandes" dinastías; aquí asúmese ainda a representación frontal do obxecto.

A 'zona intermedia superior presenta do lado esquerdo Narmer usando a coroa vermella (deshert) do Baixo Egipto e como a figura de maiores dimensións da composición. Á esquerda do rei surxe o seu portador das sandalias rexias sob un unha roseta (talvez o seu nome) e un símbolo rectangular non identificado (talvez o nome dunha vila). O feito de Narmer se encontrar descalzo reforza a idea de que o acontecimento toma lugar num espazo sagrado ou da importante relación coa terra. Á dereita do rei aparece unha figura de cabelos longos (posíbelmente un sacerdote de nome Tshet) precedendo catro porta-estandartes con símbolos da casa real ou das rexións do reino (unha pel de animal, un can e dous falcóns). Do lado direito deste nível encóntrase o destino desta procesión: unha fileira de dez cadáveres decapitados, posíbelmente os derrotados da rexión conquistada. É importante referir que estas figuras están representadas como sendo vistas de cima, o que denota unha preocupación escoller a vista que mellor se aplica a determinada situación. Os símbolos sobre esta representación, un barco, un falcón e un farpón, poderían significar o nome da nova provincia fundada.

A zona intermedia inferior presenta dous animais fantásticos (serpopardos) cuxos pescozos se entrelazan formando un círculo no centro da paleta (talvez onde se moían os pigmentos). Estes animais están a ser domados por dúas figuras totalmente representadas de lado (vista utilizada para figuras de menor importancia) e crese simbolizaren a unión entre o Alto e o Baixo Exipto; a contradicir esta teoría están outras representacións idénticas na Mesopotamia e o feito de que se trata dunha imaxe única na arte exipcia.

A zona inferior reforza unha vez máis a forza do rei vencedor pola ilustración dun touro que domina unha figura humana, un inimigo, a seus pés (bastante contorcida relativamente aos cánones exipcios de representación posteriores) e unha muralla na zona superior.

[editar] Face posterior

Face posterior de reprodución exposta no Royal Ontario Museum.
Agrandado
Face posterior de reprodución exposta no Royal Ontario Museum.

A face posterior encóntrase dividida en 3 níveis, onível superior, o intermédio e o inferior.

A zona superior é idéntica á da face anterior.

A zona intermédia é a de maior destaque desta face e simboliza o poder e a vitoria do rei unificador, Narmer que, unha vez máis, é representado como a figura de maiores dimensións e que usa, nesta cena, a coroa branca (hedjet) do Alto Exipto e a cola taurina, peza usada en acontecimentos solenes. Axoenllado aos seus pés do lado direito está unha figura agarrada polos cabelos simbolizando o inimigo (posiblemente un libio), a derrota das rexións conquistadas, cuxo nome probabelmente é o que aparece a carón da cabeza. Ao lado esquerdo do rei, nunha posición máis recollida, está novamente o portador de sandalias. Do lado direito, sobre a cabeza da vítima, surxe unha imaxe composta de significado ambíguo (o Deus-falcón Horus segura unha corda ligada a unha cabeza na base dun ramallo de seis flores de papiro), onde se pode establecer a relación entre o faraón e o deus como diferentes representacións da mesma entidade. As fores de papiro interprétanse como as marismas do delta do Nilo, como que a batalla poi nunha zona de marismas ou como que foron seis mil os inimigos vencidos.

A zona inferior presenta dúas figuras espidas e barbadas contorcidas (non se sabe se a correr ou escarranchadas no chan), moi posíbelmente representacións do inimigo derrotado. Os símbolos que aparecen acarón das súas cabezas on unha muralla e un nó

[editar] Convencións

Esta peza ten moitas particularidades propias da etapa artístico en que se creou, mais posúe tamén moitos dos elementos que permanecerán inmutábeis ao longo de 3500 anos, as convencións de representación.

Dun modo xeral, pódese dicir que a paleta presenta xa o estilo claro, racional e sintético que tanto caracteriza a arte exipcia posterior, a división do espazo en níveis horizontais ben demarcados, a descrición inmóbel e solemne dun acontecimento importante descrito de modo simbólico (desproporcións dimensionais entre figuras de acordo coa súa importancia, p. ex.) e lexendado por hieroglifos.

Tamén a representación humana se resume aquí a tres posíbeis puntos de observación destituídos de volume ou tridimensionalidade: de cima (no caso da fileira de cadáveres), de lado (no caso dos porta-estandartes) e de frente (no caso dos bovinos da zona superior). Na figura do faraón pódese ver xa a representación simultánea de dous puntos de vista diferentes, estilo que permanecerá ao longo da arte exípcia, a Lei da Frontalidade: cabeza e pernas vistas de lado, ollos e ombros vistos de frente.

[editar] Interpretación

Un concepto fundamental da paleta é o protagonismo total do rei, a figura unificadora do país, Menes, que algúns identifican con Narmer (pola aparición dunhas improntas de selos en Abidos no que os seus nomes aparecen unidos). O problema da unificación é outra das questións nas que non hai acordo. Na paleta, o soberano aparece tanto coa coroa do Sul como coa do Norte, mais non coa dupla coroa, o cal se ten interpretado como que o que se está a representar é a culminación do proceso de unificación dos dous territorios. Pode tamén que se tratase dunha reunificación cando un rei do Norte, con capital en Buto invadise o Sul, con capital en Nekhen, unión que non tardaría en desaparecer cara o final do Gerzense.

Nun momento posterior comezaría un proceso de expansión ou reconquista por parte do Alto Exipto, que remataría co inicio do Período Dinástico, mesmo que a unificación non sería total e polo tanto non tería desaparecido a identidade de cada un dos estados, o que ocasionaría que en momentos de crise do poder central os territorios predinásticos se separarían. Durante os primeiros reis ainda se produciron enfrontamentos.

Hai mesmo quen pensa que no Norte non chegou a existir unha monarquía única, senón pequenos territorios equivalentes aos nomos posteriores, cada un deles cun gobernante propio, que terían sido conquistados por un estado unificado do Sul. Outros investigadores argumentan que o motivo destas conquistas debeuse ao control das inundacións do río Nilo e a obtención do metais, o que tería motivado un enfrontamento no Sul que se tería extendido cara o Norte.

No ámbito relixioso tamén se poden apreciar certas características relacionadas coa unificación de Exipto, como no caso dos mitos, sendo o máis coñecido o de Osiris ou as loitas entre Horus e Set.

Hoxe en día outras tesis, as maioritarias, consideran que as decoracións desta paleta e doutros obxectos similares contemporáneos describen acontecementos concretos. Nicholas Miller interprétaos como auténticos resumos dos acontecementos mais destacados do ano de reinado do gobernante no que foron ofrecidos tales obxectos ao templo, poñendo en garda contra a tentación de tomar os acontecementos como necesariamente importantes e "históricos".

[editar] Ver tamén

  • Arte do antigo Egipto

[editar] Ligazóns externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com