Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Imperio Antigo - Wikipedia

Imperio Antigo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Serie de artigos sobre a
Historia do Exipto
Historia do Exipto Antigo
O Exipto greco-romano
O Exipto árabe
O Exipto otomano
Muhammad Alí e os seus sucesores
Historia do Exipto contemporáneo

O Imperio Antigo de Exipto (2700-2134 a.c.) é o período no que se construíron as grandes pirámides e durante o que reinaron os faraóns das seguintes dinastías: Dinastía III. Dinastía IV. Dinastía V. Dinastía VI.

A cidade máis poderosa deste período foi Menfis, a primeira capital do Exipto unido. Abidos, no norte, foi a primeira cidade funeraria, se ben máis tarde os faraóns preferiron Saqqara, perto da capital.

O Imperio Antigo iníciase coa III dinastía, cuxo segundo faraón, Zoser (2630-2611 a.c.), foi inmortalizado grazas ás impresionantes construcións realizadas baixo a dirección do seu primeiro funcionario Imhotep. Nomeadamente, a pirámide escalonada de Saqqara, na que substituíu os tixolos por pedra como elemento construtivo e introducíu as columnas (adosadas).

Pirámide de Queóps
Agrandado
Pirámide de Queóps

A IV dinastía (2726-2563 a.c.) é a dos grandes construtores de pirámides. Os rasgos típicos e esenciais deste tipo de sepultura real ficaron establecidos con unha das dúas que Snefru, o fundador da dinastía, fixo constuir en Dahshur: pirámide con cámara sepulcral excavada debaixo, na rocha; foxo arrodeándoa, templo funerario e templo exterior, unido ao río mediante unha canle pola que chegaba o barco funerario. Tres dos seus sucesores, Khufu (Queóps), Khefren e Menkaure (Micerinos) foron os construtores das grandes pirámides de Giza: Khufu ergueu a Gran Pirámide; Khefren, ademáis da súa pirámide mandou esculpir a Esfinxe, e a terceira pirámide do complexo é a de Menkaure, que ficou inacabada debido á decadencia posterior. Kheops foi descrito posteriormente como un tirano cruel que escravizou aos seus súbditos.

Durante a V dinastía (2563-2423 a.c.) deixouse de construir grandes pirámides. As tumbas señoriais son, pola contra, máis suntuosas que con anterioridade, constrúense en províncias e decóranse con escenas cotidiás. Reviviuse o culto a Re e á súa filla Hathor, en honra a quen se ergueron varios templos.

A economía foise debilitando cos últimos reis da VI dinastía, como reflexa o tamaño cada vez menor das últimas pirámides de Saqqara e Abusir. O longo reinado de Pepi II (2278-2184 a.C) contribuíu a agravar a situación provocada por sucesivas más colleitas e a debilidade dos seus últimos anos. Sucedeulle a primeira raíña de Exipto, Nitocris, que nada puido facer para impedir o declinio.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com