Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Os Diplomáticos de Monte-Alto - Wikipedia

Os Diplomáticos de Monte-Alto

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Os Diplomáticos de Monte-Alto
{{{imaxe}}}
{{{lenda}}}{{{caption}}}
Orixe {{{orixe}}}
País Galicia
Período 1990 - 2005
Xénero(s) Rock mestizo
Selo(s) discográfico(s) Dro, Fonomusic, Boa
Membros Xurxo Souto
Rómulo Sanjurjo
Guni
Berto Moram
Toni Simoes
Mangüi Martín
Marcos Viascón
Xavier Alonso
Lola de Ribeira
Manolo Maseda
Antigos membros
Web oficial www.osdiplomaticos.com


Os Diplomáticos de Monte-Alto foi un grupo de música rock formado no barrio de Monte-Alto(A Coruña, España) y encadrado como un dos máximos representantes do movimento bravú. Tiñan un son propio e único marcado polo uso do acordeón como instrumento principal, ademáis de influenzas ska, punk y folk. Cantaban en galego.

Índice

[editar] Historia

En 1989, Rómulo Sanjurjo e Xurxo Souto, ata entón compoñentes do grupo folk Belida, son chamados para compoñer unha sintonía para a radionovela Os frigoristas, emitida por Radio Galega. Para a grabación, xuntanse co guitarrista Guni, o baixista Afonso Moram e o batería Berto Moram. O resultado é unha maqueta de tres cancions baixo o nome Rómulo Permui e os Diplomáticos de Monte-Alto, incluindo a sintonía seleccionada para a novela, unha arriscada versión do tema popular Non chas quero.

Durante o año seguinte, a banda consolida a sua primeira formación estable, con Souto, Sanjurjo, Guni, Berto Moram e o baixista Toni Simoes. O 1 de xuño realizan a sua primeiro concerto en Porriño. Dende ese momento son chamados a colaborar en varios programas da TVG e graban unha segunda maqueta con tres cancions. Moram e Simoes abandonan o grupo, sendo reemplazados por Mangüi Martín ao baixo e Marcos Viascón á batería.

En 1991 o grupo graba a sua primeira LP, Arroutada pangalaica, editado polo selo Dro e producido pola Fundación Resentidos (fundada por Antón Reixa, Alberto Torrado e Xavier Devesa). Neste disco Os Diplomáticos xa mostran un característico son de rock alegre, con ritmo arrotado e constante presenza do acordeón.Comezan a xira Cajo na gripe, cajo na tos, dando mais de 40 concertos por España e Portugal. Inmediatamente despois de rematala, xa en 1992 o grupo inicia unha nova minixira, 14 pezas bravas, cun repertorio totalmente novo. Nos concertos da mesma, solicitase aos seguidores que aporten letras para o novo traballo discográfico da banda.

O segundo álbum do grupo, Parrús, ve a luz en 1993, a través do selo Fonomusic e baixo a produción de José Puga. Este disco presenta un sonido notablemente mais agresivo que o do seu predecesor, sendo o álbum do grupo con matices mais duros. Tralo seu lanzamento, iniciase a xira Kontra o mundo, que se prolonga ata o seguinte ano. Nese 1994, Os Diplomáticos levan a cabo diversos proxectos: graban o documental musical Fillos de pita (dirixido por Fran Pego) i encarganse da producción executiva do recopilatorio Unión Bravú, que sirve de soporte ao coñecido como movimento bravú. Ademais, graban dous temas para o primeiro disco da serie A cantar co Xabarín do Xabarín Club.

En 1995, é de novo Fonomusic quen publica o terceiro disco d´Os Diplomáticos, ¡Avante toda!, producido por Kaki Arkarazo e considerado por moitos seguidores como o mellor disco da banda. Nél mostrase un son mais lixeiro co do anterior álbum. O grupo realiza unha xira co mesmo título, con especial éxito no País Vasco. En medio da xira, xa en 1996 o batería Marcos Viascón deixa o seu posto, sendo sustituido por Xavier Alonso.

Durante esos años, Os Diplomáticos comezan unha relación persoal e profesional co músico Manu Chao, o cual da lugar a proxectos como Los Tres de Monforte (Chao, Sanjurjo y Josito Pereiro).

En 1997, o grupo realiza unha nueva xira, Fumareu, consistente en concertos acústicos en pequenos recintos. Ésta remata coa edición do libro Fumareu, escrito por Xurxo Souto e que inclue o CD Fumareu-Sesión de cámara, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Neste ano, a banda colabora de novo en diversos proxectos culturais: a revista Bravú, o festival A feira das mentiras (en Santiago de Compostela) e o recopilatorio pola oficialidade da lingua asturiana, L'asturianu muévese, son os mais destacados.

Durante 1998, Os Diplomáticos centranse na preparación do seu próximo disco. Tamén realizan a grabación O pregón de Monte-Alto, editada xunto ao libro Toxos e frores do escritor, gran amigo e colaborador do grupo Manuel Rivas.

É en 1999 cando por fin aparece o novo é cuarto disco de estudio, Capetón, nesta ocasión producido polos miembros do grupo Rómulo e Guni. Este disco toma por tema central a vida e as historias do mar ("Capetón" é o nome que os mariñeiros galegos daban a Cidade do Cabo, Cape Town), o que supon un xiro radical con respecto ás letras humorísticas, irónicas ou surrealistas que caracterizaban ao grupo. O cambio de orientación tamén é considerable no musical: as cancions festivas e alegres deixan paso a pezas de maior seriedade e madurez. Destacan a utilización puntual de instrumentos como a gaita e o violín e a colaboración de varios músicos e amigos da banda. Á publicación do disco siguelle unha intensiva xira co mesmo título. Durante o año, incorporase ao grupo a percusionista e vocalista Lola de Ribeira.

En 2000 varios membros do grupo inician proxectos paralelos. É o caso de Transportes Hernández y Sanjurjo (con Rómulo Sanjurjo e Julián Hernández de Siniestro Total) e Terra Terremota, formado por Xurxo e Guni.

En 2001 producese un feito determinante para o futuro do grupo, coa retirada do mesmo do seu cantante e líder Xurxo Souto. Xunto a él, vaise o baixista Mangüi Martín. Os Diplomáticos siguen adiante coas incorporacions de Manolo Maseda como vocalista e Toni Simoes, quen xa estuvera nos inicios en 1990, como baixista.

Durante o seguinte año preparase e grabase o disco Kömunikandø, que publica o selo Boa a principios de 2003. Nél, por primeira vez aparecen co nome acortado a Os Diplomáticos. Este disco ten moi pouco que ver con toda a traxectoria anterior do grupo, sendo moi notoria a baixa de Xurxo Souto como cantante e sobre todo como principal compositor das cancions. En Kömunikandø, éstas toman novos ritmos (alguns deles de influencia tropical), o acordeón perde algo de protagonismo en favor dunha sección de vento metal, e a temática de boa parte das letras é por primeira vez de crítica social directa.

En 2005, o grupo anuncia mediante un comunicado de prensa a súa decisión de acabar coa sá traxectoria. Para despedirse, realizan unha última minixira durante o veran, cun último concerto no barrio de Monte-Alto que os vii formarse.

[editar] Membros

  • Xurxo Souto: voz (1990-2001)
  • Rómulo Sanjurjo: acordeón (1990-2005)
  • Juan Varela Guni: guitarra (1990-2005)
  • Toni Simoes: baixo (1990, 2001-2005)
  • Berto Moram: batería (1990)
  • Mangüi Martín: baixo (1990-2001)
  • Marcos Viascón: batería (1990-1996)
  • Xavier Alonso: batería (1996-2005)
  • Lola de Ribeira: percusiones, voz (1999-2005)
  • Manolo Maseda: voz, acordeón (2001-2005)

[editar] Discografía

[editar] Álbums

Arroutada Pangalaica (Dro, 1991).

  1. Subhastado
  2. A Tropa da Tralla
  3. Parrochas
  4. San Furancho
  5. Marujo Pita
  6. Platinos
  7. 120 capadores
  8. Palavea
  9. Dr. Katanga
  10. Trangalla
  11. Non chas quero

Parrús (Fonomusic, 1993).

  1. Parrús
  2. Mikaela
  3. Apaja o candil
  4. Aikegambas
  5. Urkiola
  6. Nakra
  7. Ai! vai
  8. Guitiriz
  9. Vamos indo
  10. Terra brava

¡Avante toda! (Fonomusic, 1995).

  1. Talleres Carnotxo
  2. O increíble bestilleiro
  3. Castiburón
  4. O alcalde morreu
  5. Dentistas carniceiros
  6. Fillos de pita
  7. Como o vento
  8. Gaiteiro
  9. Manda tralla (oda a Arsenio)
  10. Vivir na Coruña
  11. Fura futbolín
  12. Jatilla
  13. Escaleras de la cárcel
  14. Esta noite hei d'ir alo
  15. Peito de uralita

Capetón (Fonomusic, 1999)

  1. Aí vos quedades
  2. Marola
  3. Tomás das Quingostas
  4. Ardentía
  5. Nordés
  6. Berbés
  7. Raíña de Galicia
  8. Os vellos
  9. Estrume
  10. Mesejo
  11. Lume de biqueira
  12. Atún
  13. Taberna Monte-Alto
  14. Kazikes
  15. Antuerpe
  16. Mar de Irlanda

(+ bonus track: 24 de xullo)

Kömunikandø (Boa, 2003).

  1. Esperta do teu sono
  2. Quero ver
  3. Komunikando
  4. Están aí!
  5. Deixa-me subir o alto
  6. Somos Batuko Tabanka
  7. Cabo Verde Sabí
  8. Exiptano
  9. Serafín
  10. Tres de trunfos
  11. Interdepenmerda
  12. Monte Maior
  13. A vaca aerofáxica
  14. Perikinha (+ bonus track: Galerna)

[editar] Participacions e recopilatorios

  • Gaitas, flautas y otras hierbas (Dro, 1992)
  • A cantar co Xabarín (Boa, 1994)
  • Unión Bravú (Edicións do Cumio, 1994)
  • Puro Skanol 3 (editado só nos EEUU, 1995)
  • ¿Dónde estábas tú? Rock galego (Dro, 1996)
  • L'asturianu muévese (L'Aguañaz, 1997) (tema: Gaiteru)
  • Radical mestizo, vol. 1 (Fonomusic, 1999)
  • Radical mestizo, vol. 2 (Fonomusic, 2000)
  • 10 años de independencia (L'Aguañaz, 2003) (tema: Gaiteru)

[editar] Enlaces externos

Outras linguas
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com