Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Bravú - Wikipedia

Bravú

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Bravú é un movemento musical que agroma en Galicia a principios dos noventa. Nesta década xorden numerosos grupos musicais de gustos heteroxéneos, que comparten tanto a fachenda pola súa cúltura como a admiración por Manu Chao ou Fermin Muguruza. Coa axuda de experimentos anteriores coma Os Resentidos, Fuxan os Ventos, Pogues, Clash, Mano Negra ou Negu Gorriak as novas xeracións de roqueiros galegos ademáis de amosar unha ampla cultura musical deixan acantoados vellos complexos como utilizar o galego para o rock. Canalizan deste xeito unha rebeldía inherente ao sector máis creativo da mocidade contra un ambiente socio-político que consideraban paifoco e alasante. Introducen nas súas cancións os probleams cotiáns da mocidade da época: paro, obxección ao servizo militar, o sexo, os problemas da aldea e os caciques (p.e: a canción "Tratorada" de "Rastreros" converteuse en exitosa crónica músical das loitas labregas).

Liderados por artistas como Xurxo Souto ou Antón Reixa, agrupáronse no chamado Rock Bravú, cuxos principios chegou a formular o escritor Javier Valiño no libro "A paixón que queima o peito". En esencia, o bravú é un rock "sen capar" (en palabras dos seus membros) que comezou a xerarse «cando as guitarras chegaron ás aldeas».

Formulado dende a periferia de Galicia, o mundo rural, este movemento é a expresión propia dos fillos de campesiños e pescadores, así como da mocidade das barriadas urbanas: insurxente, marcado por un son bravío e sen aditivos, non ten reparos en facerlle as beiras ó heavy (música de barrio á fin e ó cabo) e ós latexos caribeños. Unha identidade que mira, así mesmo, as tradicións populares máis auténticas: sexan orquestra de verbena, gaitas de romería, pandereteiras, charangas, cantos de traballo, lemas sindicais ou slogans futbolísticos. Non en van, os siareiros do Depor acostuman levar nas súas saídas ó exterior música de grupos senlleiros do bravú, como Os Diplomáticos de Monte-Alto, Heredeiros da Crus e Os Skornabois. Outros grupos destacados desta época son Xenreira, Skarnio, Os Papaqueixos, Túzaros, O Caimán do río Tea, Kaos, Ruín Bois, Os Impresentables...

O auxe e a caída do bravú coincide coa explosión do denominado novo folk galego, unha posta ao día da música popular que viñan dende hai vinte anos espallando por todo o mundo formacións tan carismáticas como Milladoiro.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com