Istmo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Brazo de terra entre linguas de auga que une dúas porcións de terra maiores, como por exemplo unha península a un continente.
O istmo máis famoso é sen dúbida o Canal do Panamá, que conecta a América do Norte á América do Sur. Podense tamén citar:
- o primeiro istmo a ser chamado así foi o Istmo de Corinto, na Grecia
- o istmo de Dubrovnik - hoxe Stradun, (rua principal), que conecta Laus e Dubraba nunha única cidade.
- o istmo de entre a África e a Asia, no Exipto, onde o Canle de Suez foi construído.
- o istmo de Kra, que liga a península malasiana con á Asia.
- o istmo de Avalon, no Canadá, separa a illa principal de Terra Nova da península de Avalon, onde se situa a capital Saint John's.
- o istmo de Tehuantepec no México
Os istmos son lugares estratéxicos para a construción de canles:
- O Canle do Panamá, que conecta o Océano Atlántico e o Océano Pacífico, reduce drasticamente o traxecto marítimo entre a costa leste e a costa oeste da América do Norte
- O Canle de Suez, mencionado anteriormente, é un outro exemplo, pois permite ligar a Europa e a Asia sen contornar a África.
Os istmos son o inverso dos estreitos. Así, mentres que os istmos ligan dúas extensións de terra entre dúas extensións de auga, os estreitos unen dúas extensións de auga entre dúas extensións de terra.