Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Festival de Música e Artes de Woodstock - Wikipedia

Festival de Música e Artes de Woodstock

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Festival de Música e Artes de Woodstock foi festival máis importante de rock and roll de sua época. Celebrouse nunha finca em Bethel, Estado de Nova York, durante os días 15, 16 e 17 de agosto de 1969 e, ainda que foi proxectado para 2000.000 persoas, compareceron arredor de 400.000, a maioría das cais non pagaron a entrada.

Todo o evento provocou un grande alboroto coas estradas conxestionadas e Bethel sendo ocasionalmente considerada "área de calamidade pública". O Festival de Woodstock representou un fito no movimento de contracultura dos anos 60, e marcou o auxe da era hippie.

Woodstock tamén é o nome do famoso documental producido por Michael Wadleigh lanzado en 1970, que gañou un Óscar ao "Mellor Documental" no ano seguinte.

Índice

[editar] O festival

O festival coñécese polo nome de Woodstock porque era ali onde se ia celebrar en principio. Porén, a vila non ofrecía un espazo que puidese albergar tanta xente. Procurouse outro emprazamento en Wallkill, mais houbo de cancelarse debido á oposición local. Sam Yasgur persuadiu o seu pai para que permitise que se celebrase no seu campo de alfalfa, no Condade de Sullivan, a uns 60 km. ao suloeste de Woodstock.

Coas estradas repletas de coches, moitos asistentes camiñaron varios quilómetros até chegar á zona de concertos. O fin de semana foi choviñento, os servizos víronse sasturados e a xente compartiu comida, bebida e drogas. Houbo tres mortos: un dunha sobredose de heroína, outro atropelado por un tractor mentres dormía nun campo e outro dunha caída dun andaime. Disque tamén houbo dous partos e tres abortos.

[editar] O mito

Woodstock ten sido idealizado na cultura popular norteamericana como a culminación do movemento hippie: un festival "gratuíto" ao que medio millón de xovens acudiron para celebrar a paz e o amor. Lémbrase especialmente o sentido de harmonía social, a calidade da música, a enorme masa de asistentes e o ambiente, que reflexaba as aspiracións dunha época.

[editar] Artistas que se presentaron en Woodstock

[editar] Venres, 15 de agosto

O festival abriu oficialmente ás 17 horas com Richie Havens. Este día presentáronse actuacións máis leves, traindo a maior parte dos artistas folck que participaron.

  • Richie Havens, abrindo coa súa guitarra de doce cordas e "High Flyin' Bird".
  • Country Joe and the Fish, actuación de cinco cancións incluindo "Janis" e "I-Feel-Like-I'm-Fixin'-to-Die Rag"
  • John Sebastian, non convidado oficialmente, mais atopado vagando no medio do público e chamado a participar
  • Incredible String Band: "Catty Come", "This Moment Is Different" e "When You Find Out Who You Are"
  • Sweetwater, con "Motherless Child", "What's Wrong" e "Why Oh Why"
  • Bert Sommer, con "Jennifer", "She's Gone", "Things Are Going My Way" e "Smile"
  • Tim Hardin, "If I Were A Carpenter"
  • Ravi Shankar, cun repertorio de cinco canciós, foi forzado a sair devido á choiva
  • Melanie, "Beautiful People" e "Birthday of the Sun"
  • Arlo Guthrie, "Coming Into Los Angeles", "Walking Down The Line" e "Amazing Grace"
  • Joan Baez, concluindo unha actuación de cinco cancións con "We Shall Overcome"

[editar] Sábado, 16 de agosto

O día abriu ás 12:15 da tarde, e trouxo os principais artistas psicodélicos e de rock do festival.

  • Quill, con "Waitin' For You"
  • Santana: "Persuasion" e "Soul Sacrifice"
  • Canned Heat, con "A Change Is Gonna Come" e "Going Up The Country"
  • Mountain, que actuaron unha hora
  • Janis Joplin, repertorio de dez cancións, incluindo "Piece of My Heart"
  • Sly & the Family Stone comezou ás 1:30 da mañá, con cancións como "Everyday People", "Dance To The Music", "Music Lover", e "Higher"
  • Grateful Dead: "St Stephen", "Mama Tried", "Dark Star/High Time" e "Turn On Your Lovelight"
  • Creedence Clearwater Revival, presentando "Born On The Bayou", "Bad Moon Rising" e "Suzy Q"
  • The Who, comezou às 3:00 da mañá do domingo, presentando unha longa actuación que incluía "Pinball Wizard" e "My Generation"
  • Jefferson Airplane comezou ás 8:00 da mañá, fechando a xornada de sábado con "White Rabbit".

[editar] Domingo, 17 de agosto

O día abriu ás 14 horas con Joe Cocker. Os eventos deste día acabarían atrasando a axenda do festival en nove horas, e no solpor o concerto ainda continuaba apesar da maioría do público xa se ter ido.

  • Joe Cocker, comezou con "Delta Lady", "With A Little Help From My Friends" e outras cancións
  • Depois do set de Joe Cocker caiu un temporal, atrasando o festival
  • Country Joe and the Fish terminou a súa actuación aproximadamente ás 6:00 da noite
  • Ten Years After, presentando ctro cancións, incluindo "I'm Going Home"
  • The Band, con dez cancións
  • Blood, Sweat & Tears entrando na madrugada con cinco cancións, incluindo "Spinning Wheel"
  • Johnny Winter presentando "Tobacco Road" e Edgar Winter
  • Crosby, Stills, Nash & Young, comezando aproximadamente ás 3:00 da mañá do luns, con temas acústicos e eléctricos por separado
  • Paul Butterfield Blues Band, con cinco canções, incluindo "Everything's Gonna Be Alright"
  • Sha-Na-Na, incluindo "Who Wrote The Book of Love" e "Duke of Earl"
  • Jimi Hendrix, que debería fechar o festival á media-noite, comezou ás 9:00 da mañá. Tocou dezaseis temas, finalizando con "Hey Joe".

[editar] Outras edicións

Para conmemorar os 25 anos do superevento, 250.000 persoas se reuniron no Woodstock 94, en Saugerties, a 135 km de Nova York. Pagaron 135 dólares para ouvir cuarenta grupos de rock. Outra edición celebrouse en 1999, rexistrando altos índices de violencia. O evento mostrouse economicamente inviábel e foi a última tentativa, fracasada, de revivir o mito de "paz e amor" do Woodstock orixinal.


[editar] Ligazóns externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com