Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco - Wikipedia

Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Partido Nacionalista Vasco
Partido político Euzko Alderdi Jeltzalea-Partido Nacionalista Vasco
Ano fundación 1895
Ideoloxía Nacionalismo vasco, Demócrata-cristiá,
Ideoloxía respecto a Europa Europeísta
Membro de Partido Demócrata Europeo
Ámbito País Vasco, Navarra e Iparralde
Sede central Bilbo-Bilbao
Líder Josu Jon Imaz
Afiliados 32.000
Web do partido www.eaj-pnv.com

O Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV) é un partido político nacionalista vasco do País Vasco.

Foi fundado en 1895 por Sabino Arana Goiri, influído polo seu irmán Luis Arana. É o terceiro partido político español actual máis antigo (despois do Partido Socialista Obrero Español e o Partido Carlista) e foi o primeiro partido nacionalista vasco.

Seguindo a terminoloxía do seu fundador, os seus membros chámanse jelkides ou jeltzales e as súas sedes batzokis.

"Euzko Alderdi Jeltzalea" significa "Partido Vasco de partidarios do JEL" (sendo "JEL" un acrónimo de Jaungoikoa Eta Lagizarrak (Jaungoikoa Eta Lege Zaharrak en éuscaro normativo actual), que significa en galego: Deus e Leis Vellas en referencia ós foros (ver Jeltzale e jelkide). "Euzko" mantense coa grafía antiga (a moderna é "Eusko") como respecto á tradición, xa que así a escribía Sabino Arana. Polo mesmo motivo, nos batzokis mantense escudos coa grafía "Euzkadi".


Índice

[editar] Ideoloxía

Trátase dun partido principalmente democristián, no que conviven sectores progresistas, liberais e conservadores, que á sua vez poden ser independentistas ou autonomistas, cunha preponderancia dos primeiros. Afastado do peculiar "racismo" aranista das súas orixes, o PNV basea as súas reivindicacións nacionalistas en aspectos culturais, lingüísticos e históricos. Igualmente perdeu o carácter clerical orixinal, declarándose aconfesional. En xeral, é un partido que pode ocupar posicións cercanas ó centro-dereita do espazo político da Comunidade Autónoma Vasca, dividido en dous eixos: dereita-esquerda e independentismo-centralismo español. Segundo o expresa Juan José Ibarretxe, forma parte da canle que se atopa entre as dúas ribeiras da sociedade vasca.

Actualmente está encadrado na coalición Partido Demócrata Europeo xunto ó partido Unión pola Democracia Francesa (Union pour la Démocratie Française) (UDF) francés e A Margarida italiana.

[editar] Historia

[editar] Catro fases na historia do PNV

  • (1895-1921): O PNV foi fundado por Sabino Arana Goiri, considérase a data da súa fundación o 31 de xullo de 1895 cando se elixiu ao Bizkai Buru Batzar. Nunha primeira etapa, o PNV é un partido limitado ó ámbito territorial de Biscaia. Nesta fase ideolóxica, o fundador chama ao seu movemento bizkaitarrismo. A súa obra clave leva por título Biscaia pola súa independencia. É nas eleccións ás deputacións de 1917 onde o partido acada implantación en Áraba, Guipúscoa e Navarra.
  • (1921-1937): En 1921 o partido afronta a súa primeira gran división, que se reconduce pouco antes da chegada da Segunda República Española.
  • (1937-1975): Coa chegada da guerra, o PNV alíase coa Fronte Popular e defende, pese á súa maior afinidade nalgúns puntos da súa ideoloxía co bando sublevado, a República que garante a Euzkadi un estatuto de autonomía. A súa participación militar na guerra remata co Pacto de Santoña, no cal os nacionalistas vascos pactan, ás costas da República, a rendición cos militares italianos que axudaban ó bando nacional trala perda de todo o territorio vasco, considerando que non pagaba a pena xa involucrarse nunha guerra entre españois. Destaca a figura do primeiro lehendakari: José Antonio Aguirre.
  • (1975-2005): O PNV e o Goberno de Euskadi no exilio. Regreso á democracia (1977), Consello Xeral Vasco. O PNV no Goberno (1980-1986). Gobernos de coalición co Partido Socialista de Euskadi. Pacto de Ajuria-Enea. Pacto de Estella.

[editar] O PNV e as súas escisións

A historia do PNV está definida polo feito de manterse fiel a un modelo de partido comunidade en que tradicionalmente teñen existido unha tendencia ortodoxa fiel aos principios do fundador e outra de carácter máis posibilista. Os nomes de ditos sectores foron cambiando co tempo e teñen dado lugar a diversas escisións, sendo as máis destacabeis:

  • Escisión de 1921, na cal o partido chegou a perder o seu nome e quedou dividido en Comuñón Nacionalista Vasca (a maioría) e Aberri (en vasco: patria) un sector máis nacionalista. Reunificáronse en 1930.
  • A reunificación deses sectores en 1932 deu lugar a Acción Nacionalista Vasca, un partido independentista de esquerdas, que non estaba de acordo coa refundación do PNV por parte deses outros dous sectores máis conservadores.
  • Escisión dentro da súa organización xuvenil Euzko Gaztedi Indarra (EGI) que deu lugar á aparición de Euskadi Ta Askatasuna (ETA) nos anos cincuenta. Á sua vez, ETA iríase dividindo en varias organizacións políticas e grupos terroristas.
  • Escisión de 1986, que deu lugar a un novo partido de carácter máis socialdemócrata e partidario nas súas primeiras fases da autodeterminación e na actualidade de carácter independentista: Eusko Alkartasuna (en galego: Solidariedade Vasca).

[editar] O PNV hoxe

O actual presidente do Euzkadi Buru Batzar (órgano executivo do partido) é Josu Jon Imaz, que sucedeu o 17 de xaneiro de 2004 ó anterior presidente, Xabier Arzalluz. Imaz aboga por fortalecer a relación do PNV co resto dos partidos nacionalistas, o respecto á vontade dos cidadáns vascos, o apoio ás vítimas e perseguidos por ETA e a defensa da reforma do estatuto da Comunidade Autónoma Vasca (frecuentemente chamada Plan Ibarretxe).

Goberna a comunidade autónoma do País Vasco dende 1980, en solitario no período (1980-1986) e a través de diversos pactos dende entón. Na lexislatura 2001-2005, o jelkide Juan José Ibarretxe presidiu un goberno de coalición entre PNV, Eusko Alkartasuna e Ezker Batua-Berdeak. Nas eleccións de 2005, presentouse en coalición con Eusko Alkartasuna, volvendo a obter unha maioría simple.

Goberna as deputacións forais de Guipúscoa e Biscaia, así como o concello de Bilbao e gran parte dos municipios da comunidade autónoma. Posúe sendos grupos parlamentarios no Congreso e no Senado. Tamén ten unha pequena representación en Navarra —sobre todo en concellos da zona limítrofe con Guipúscoa—, no Parlamento Navarro e no Congreso dos Deputados a través da coalición nacionalista Nafarroa Bai.

Correspóndelle tamén un dos escanos obtidos pola coalición GalEusCa no Parlamento Europeo.

Anualmente, o último domingo de setembro celebra o Día do Partido (chamado Alderdi Eguna).

[editar] Organización interna

O PNV ten unha estrutura asemblearia que funciona en tres niveis: municipal, rexional ou territorial e nacional (aplicado ó conxunto do País Vasco). Existen 233 organizacións municipais, cun total de 32.000 afiliados.

A implantación social do partido refórzase cos batzokis, sedes sociais do PNV. O primeiro deles inaugurouse o 14 de xullo de 1894 no casco Vello de Bilbao, un ano antes da constitución formal do PNV como partido. Hoxe en día hai máis de 200 batzokis.

O órgano executivo do partido, o Euskadi Buru Batzar (EBB) está presidido por Josu Jon Imaz. O EBB componse ademais dos presidentes dos Consellos Rexionais e oito burukides (membros do consello) elixidos pola asemblea nacional de entre os propostos polas asembleas territoriais.

Os consellos rexionais, compostos de entre 10 e 15 membros son o Bizkai Buru Batzar (de Biscaia), o Gipuzko Buru Batzar (de Guipúscoa), o Araba Buru Batzar (de Álava) e o Napar Buru Batzar (de Navarra). Ademais hai órganos executivos independentes destes catro en Iparralde e noutros lugares como Madrid, Barcelona, Venezuela ou Arxentina.

A organización xuvenil é Euzko Gaztedi-EGI.


[editar] Véxase tamén

  • Sabin Etxea

[editar] Ligazóns externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com