Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Edvard Munch - Wikipedia

Edvard Munch

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Autorretrato, 1881-1882
Agrandado
Autorretrato, 1881-1882

Edvard Munch (Løten, Noruega, 12 de Decembro de 1863 - Ekely, preto de Oslo, id., 1944) foi un pintor e gravador noruegués expresionista. As súas evocativas obras sobre a angustia influenciaron profundamente o expresionismo alemán aos comezos do século XX.

O berro (1893; orixinalmente titulado Desesperación), é a súa obra máis coñecida e considerada coma un icono da angustia existencial. Como en moitas das súas obras realizou numerosas versións. Foi roubada do museo Munch en Oslo, Noruega o 22 de agosto de 2004 e recuperada o 30 de agosto do 2006 con danos menores reparables.

O pintor dicía de si mesmo que, do mesmo modo que Leonardo da Vinci estudara a anatomía humana e disecado corpos, el tentaba disecar almas. Xa que logo, os temas máis frecuentes na súa obra foron os relacionados cos sentimentos e as traxedias humanas, coma a soidade (Melancolía), a angustia (O berro), a morte (Morte dun bohemio) e o erotismo (Amantes, O bico). Considéraselle o precursor do expresionismo, pola forte expresividade dos rostros e as actitudes das súas figuras, ademais do mellor pintor noruegués de todos os tempos.

[editar] Biografía

Edvard Munch medrou en Christiania (agora Oslo). Ten parentesco co pintor Jacob Munch (1776 – 1839) e o historiador Peter Andreas Munch (1810 – 1863). A súa nai e unha das súas irmás morreron sendo el moi mozo, e outra das súas irmás foi diagnosticada cunha enfermidade mental. O seu pai estaba dominado por obsesións relixiosas. O seu pai instilou nos seus fillos un profundo temor para o inferno, asegurándolles que se pecaban de calquera modo serían condenados ao inferno sen esperanza de perdón. Munch pasou unha infancia con numerosas enfermidades e dos cinco irmáns orixinais tan só Andreas casaría morrendo uns poucos meses despois do casamento. Estes feitos poderían explicar a escuridade e o pesimismo de gran parte da obra de Munch. Máis tarde afirmou: "A enfermidade, a tolemia e a morte foron os anxos que rodearon o meu berce e seguíronme durante toda a miña vida". Varias fontes modernas describen a enfermidade de Munch coma un caso probable de desorde bipolar. Munch consideraba esta personalidade conflitiva e un tanto desequilibrada como a base do seu xenio.

En 1885 levou a cabo o primeiro dos súas numerosas viaxes a París, onde coñeceu os movementos pictóricos máis avanzados e sentiuse especialmente atraído pola arte de Paul Gauguin. Non tardou en crear un estilo sumamente persoal, baseado en acentuar a forza expresiva da liña, reducir as formas á súa expresión máis esquemática e facer un uso simbólico, non naturalista, da cor, e de aí a súa clasificación como pintor simbolista. De 1892 a 1908 viviu en Alemaña, sobre todo en Berlín, aínda que fixo frecuentes viaxes a Noruega e París. En Berlín presentou en 1892 unha exposición que tivo que ser retirada polo escándalo que suscitou e que deu pé á creación da Secesión Berlinesa. En 1908 volveu definitivamente a Noruega, onde recibiu algúns encargos oficiais (pinturas do paraninfo da Universidade de Oslo) e pasou os seus últimos anos en soidade.

Nos anos 30 e 40 os Nazis etiquetaron o seu traballo como "arte dexenerada" e retiraron os seus traballos dos museos alemáns. Este feito feriu profundamente a Munch, que se consideraba un antifascista e chegara a apreciar Alemaña como seu segunda patria.

Morreu en Ekely, preto de Oslo, pouco despois de seu octaxésimo aniversario. Deixou máis de 1.000 cadros, 15.400 gravados, 4.500 debuxos e acuarelas e seis esculturas á cidade de Oslo que construíu o Museo Munch en Tøyen no seu honor.

[editar] Lista das obras máis importantes

  • 1985 - A moza enferma
  • 1893 - O berro
  • 1894 - Cinzas
  • 1894-95 - Madonna
  • 1895 - Puberdade
  • 1895 - Autorretrato
  • 1896 - Angustia
  • 1896 - Celos
  • 1897 - O bico
  • 1897 - A danza da vida
  • 1900 - Melancolía
  • 1940-42 - Autorretrato: Entre o reloxo e a cama

[editar] Ligazóns externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com