Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Wikipedia:Como escribir un bo artigo - Wikipedia

Wikipedia:Como escribir un bo artigo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Antes de xerar o teu primeiro artigo en Wikipedia deberías ter presentes algunhas ideas:

  1. Sé valente.
  2. Por favor, non escribas artigos de autopromoción, publicidade nin ensaios persoais.
  3. Ten coidado con: copiar cousas de otros sitios, material polémico, artigos redundantes ou artigos extremadamente curtos.

Índice

[editar] Sé valente

Queremos que os novos usuarios escriban artigos. Non te preocupes dos erros; pódense correxir. Se non estás seguro do que vas facer, adiante, faino. Se outros wikipedistas cren que non cumple coas nosas políticas, ten en conta que será reeditado ou retirado. Sen embargo, aos wikipedistas gústalles arranxar e mellorar artigos, asi que non teñas medo de contribuir na Enciclopedia Libre.

[editar] Pero por favor, non escribas...

Páxinas de autopromoción
Artigos sobre ti mesmo. Se eres merecedor dunha mención na enciclopedia, deixa que outra persoa o faga por ti. Escribir sobre os teus amigos na enciclopedia pode parecer unha simpática sorpresa ou unha broma graciosa, pero eses artigos moi posiblemente serán borrados. Por favor evita iso para non ferir os sentimentos de ninguén.
Publicidade 
Por favor, non promociones o teu producto ou empresa. Por favor, non insertes ligazóns externas cara a páxina da túa empresa a non ser que de verdade mereza estar no artigo. Existen artigos sobre productos ou grandes empresas como Intel, pero se escribes sobre un producto ou empresa, asegúrate de escribilo desde un Punto de vista neutral.
Ensaios persoais ou investigación orixinal 
Na Wikipedia escríbese sobre coñecemento humano existente; non é un lugar para publicar novos traballos. Non escribas artigos onde se presenten as túas teorías orixinais, opinións ou pensamentos.
Só unha liña ou só unha ligazón a outro sitio 
Os artigos necesitan mais contido e non ser só unha referencia a outro sitio.

Para mais información, le Wikipedia:O que a Wikipedia non é.

[editar] E ten coidado con...

  • Copiar cousas. Non violes dereitos de autor. Para estar seguros, non copies mais de unha oración de texto de calquera parte, e documenta calquera referencia que empregues. Podes copiar material do que esteas seguro que se encontre no dominio público, pero ainda para material no dominio público debes documentar as túas referencias. Tamén decátate de que a gran maioría das páxinas en Internet non están no dominio público e a maioría das letras de cancións tampouco o están. De feito, a maioría dos textos escritos desde 1976 están automáticamente baixo dereitos de autor ainda cando non teñan unha nota sobre dereitos de autor ou un sinal que o indique. Se cres que o que estás contribuindo está no dominio público, menciona de onde o estás traendo, ben sexa no mesmo artigo ou na súa páxina de discusión, e aquí comenta por qué cres que está no dominio público (por exemplo, "Publicárono no ano 1867...").
  • Boa investigación. Os artigos escritos sen bases son mellor que nada, pero é difícil verifica-la súa autenticidade. Por favor, investiga coas mellores fontes dispoñibles e cítaas.
  • Material polémico. Por favor, non escribas artigos que teñan un punto de vista en particular sobre política, relixión ou calquera outra cousa. Comprende o que queremos dicir con punto de vista neutral antes de empezar a escribir sobre un tema.
  • Artigos redundantes. Antes de xerar un artigo, é unha boa idea buscar un artígo xa existente sobre o mesmo tema. Algunhas veces un artigo simplemente ten un nome diferente do que pensabas. Tamén ten en mente que o artigo que queres escribir pode ser parte dun artigo mais xeral (por exemplo, se queres escribir sobre o Triángulo equilátero deberías buscalo primeiro en Triángulo), é unha boa idea buscalo nas categorías principais ubicadas na portada. Se o artigo xa existe, encontralo aforrará un dobre esforzo, o que te permitirá dirixir a túa enerxía a expandir o artigo existente ainda mais. Podes axudar aos editores e lectores xerando redirecciones desde o artigo que querías escribir ata o artigo que encontraches (se son sinónimos, ou falan do mesmo, por exemplo).
  • Artigos extremadamente curtos que son só definicións. Trata de escribir un bo parágrafo sobre un tema que diga algo. Os bos "esbozos" de artigos son benvidos, serven como base para escribir bos artigos. Se non tes suficiente material para iniciar un bo esbozo, probablemente non deberías crealo. As definicións pertencen a oturo proxecto, ao Wikcionario.
Cuestionable Mellor
Unha cámara fotográfica é un aparato para tomar fotografías.

Unha cámara fotográfica é un dispositivo utilizado para tomar fotografías, xa sexa individualmente ou en secuencia. O seu nome deriva do latín camera obscura, que significa "cámara escura" e refírese a un mecanismo antigo para proxectar imaxes no cal unha habitación (ou cámara) funcionaba de maneira similar a como funciona unha cámara fotográfica actualmente.
{{esbozo}}

[editar] Ligazóns relacionadas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com