Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Arpa - Wikipedia

Arpa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Unha arpista tocando a arpa
Agrandado
Unha arpista tocando a arpa

Arpa,Trátase dun instrumento case universal empregado por moitos pobos dende Asia até África, as máis primitivas consistían e consisten dun arco e unha caixa de resonancia xunto cunhas cordas de firbra ou cabelos tensados.

Hoxe en día cando se emprega este instrumento nos grupos de folk case sempre é a irlandesa (gaélica/bárdica) mesmo na Bretaña recuperaron a súa arpa medieval, aínda que lle chaman arpa celta bretoa e non está moi claro a súa orixe céltica.



A arpa gaélica foi fundamental para a popularización deste instrumento no medievo, aínda que hai quen afirma que grazas á invasón islámica este instrumento chegou a Europa, espallándose por toda e Iberia e posteriormente por toda Europa. Os pobos célticos de Irlanda fixeron deste instrumento un dos instrumentos de cordas máis belos que hai, grazas a certas modificacións na súa estrutura respecto a outras arpas que permetiu multiplicar o número de cordas, tensalas mellor e con isto darlle o seu trimbre melodioso característico.

Tamén está o feito de que as linguas célticas das Illas Britáticas tiñan palabras específicas para nomear este instumento sen necesidade de préstamos; "clàrsach" en gaélico escocés e "cláirseach" en gaélico irlandés, "telyn" en galés e bretón, e "telenn" en galó (o romance da Bretaña). As representacións máis antigas témola nunha cruz de pedra pico-esocesa do século VIII da nosa era, as representacións de arpa triangular máis antiga son as atopadas nas Illas Británicas, todas elas son anteriores ao século XI, son un total de 13 figuriñas feitas en cruces celtas, ademáis semella que a palabra en gaélico antigo, "Crúirt", palabra que algúns afirman que ten procedencia Picta, un pobo que habitaba a Pictia, actual Escocia antes da chegada dos escotos gaélicos, aínda non se sabe se tiñan unha orixe céltica ou precéltica, tamén estan os escritos de leis dos séculos VI e VI DC os cales describen un alto estatus social para os arpistas, aqueles que tocaban a "crúirt", xa se pode ver que este instrumento estaba vencellado as élites dende tempos remotos. Tamén está o gravado na placa do "Maedoc Book Shrine". Tamén son abundantes as ilustracións e gravados en cruces de pedra sobre o bíblico Rei David tocando unha arpa, como é no caso dalgunhas cruces de pedra picto-escocesas e libros litúrxicos carolinxios como o "Utrecht Psalter", ano 820 ou o "Hunterian Psalter" do ano 1170.

Irlandés arpa
Agrandado
Irlandés arpa

A meirande parte destas figuras talladas na pedra coincide co establecemento de Reino gaélico de Dál Riata, que abrangue o norte de Irlanda xunto co oeste de Escocia, a vai dende o século V até o século IX.

Xa no medievo era un instrumento moi popular, un costume dos reis gaélicos era comer na compaña da música do seu bardo particular, costume visto como bárbara polos reis anglos, célebres son reis como o irlandés Brian Boru (941), fundador dunha orde bárdica, o emblema nacional irlandés é a súa arpa e xa no século X era un símbolo irlandés. Nas celebracións que tiñan música de arpa existiu un auténtico rito de “purificación” previo a actuación de bardo.

Pero tamén os pobos xermánicos semella que tiveron unha longa tradición arpista, de feito a palabra arpa é un xermanismo, no caso inglés, harp, ven do antigo anglo-saxón, tamén os pobos vikingos e resto de pobos xermánicos comparten a mesma raiz, que significa tañer ou “arrincar” e fai referencia a técnica para tocar dito instrumento, hai referencias do mesmo nos escritos anglo-saxóns do libro "Paráfrase Métrica de Caedmon da Historia da Escritura", do século XI, no que aparece o persoaxe bíblico Xubal tocando unha arpa moi similar á gaélica. No século XIII a palabra arpa facía referencia só a unha arpa de forma triangular, moi similar á das pedras picto-escocesas.

Moitos britóns/britanos chegaron á Armorica dende século V entre eles moitos misioneiros que progresivamente converteron aos indíxenas da armorica en cristiáns, foi unha migración masiva e remataron por trocarlle o nome a esa terra, Bretaña, terra de britóns, máis tarde chamados bretóns. Estes britóns fuxían das invasións de anglos, saxóns e xutos os cales progresivamente os presionaron (Caso da Cornualla e Gales) cara ao sur, partindo vía Mar Celta a terras continentais, é posible, e moitos así o pensan, que a arpa bárdica puido chegar á Bretaña na man destes britóns, deste xeito a arpa medieval bretona tería a súa orixe na arpa bárdica. Moitos apuntan que esta foi a decisiva introdución no continente, destas arpas bárdicas, que non só chegaran con estes britóns, senón tamén da man de bardos gaélicos que tocaban nas cortes de moitos reis, é o caso documentado do arpista Cadiou do Duque bretón Höel II en 1079 ou a coronación de Ricardo I (corazón de león) da Inglaterra, na cal participaron bardos bretóns coas súas arpas e tamén Bispos irlandeses como Albin O'Molloy. Estes britóns, aínda que en menor cantidade tamén chegaron a Galiza, mesmo fixeron no norte de Lugo unha provincia, a Britonia, e temos constancia da existencia do seu bispo Maeloc, quizais eles pudieron introducir a súa arpa bárdica na Galiza sueva como puido ser o caso da Breteña, o feito é que a arpa gótica dévese moito á bárdica na súa estrutura estilizada e con forma de delta, a hipótese máis aceptada é que esta chegara a Galiza vía peregrinación a Compostela, é o máis posible, de tódolos xeitos queda a hipótese bretoa que se é posibe na Bretaña por qué non na Bretaña da Galiza, por desgraza a destrucción do Bispado Bretón fai imposible ter información fiable dos nosos bretóns.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com