Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Amerindio - Wikipedia

Amerindio

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Brasilia - Caciques Kaiapos durante entrevista coletiva. E/d. Raony - MT, Kaye - PA, Kadjor - pa, Panara - PA. Foto: Valter Campanato/ABr. 17 de Abril de 2005.
Agrandado
Brasilia - Caciques Kaiapos durante entrevista coletiva. E/d. Raony - MT, Kaye - PA, Kadjor - pa, Panara - PA. Foto: Valter Campanato/ABr. 17 de Abril de 2005.

Indio, Amerindio ou nativo americano son nomes dados aos habitantes humanos das Américas antes da chegada dos europeos, e os seus descendentes actuais.

A hipótese máis aceptada para a súa orixe é que os primeiros habitantes da América viñeran de Asia atravesando a pé o Estreito de Bering, na glaciación de hai 62 mil anos atrás.

O termo “indio” provén do feito de que Cristobo Colón, cando chegou á América, estaba convencido de que chegara á India e desa maneira chamou os pobos indíxenas que alí atopou. Por esa razón tamén, aínda hoxe se refire ás illas do Caribe como Indias Occidentais.

Máis tarde, estes pobos consideráronse unha raza distinta e tamén se lles deu o nome de peles vermellas. Úsase o termo amerindio para designar os nativos do continente americano, en substitución ás palabras "indios", "indíxenas" e outras consideradas aldraxantes.


Na América do Norte, estes pobos son tamén coñecidos polas expresións pobos aboríxes, indios americanos, primeiras nacións (principalmente no Canadá), nativos de Alasca ou pobos indíxenas da América. No entanto, os esquimós (inuit, yupik e aleutas) e os métis (mestizos) do Canadá, que teñen unha cultura e xenética diferente dos restantes, nin sempre son considerados naqueles grupos.

Estes termos comprenden un gran número de distintas tribos, estados e grupos étnicos, moitos dos cales viven como comunidades cun estatuto político específico.

[editar] Orixe dos primeiros americanos

Ata recentemente, a interpretación máis aceptada, baseada nos achádegos arqueolóxicos, era que os primeiros humanos nas Américas chegaron nunha serie de migracións da Siberia para Alasca a través dunha lingua de terra que se formou durante a última glaciación entre 24 e 9 mil anos atrás.

No entanto, recentes achádegos no Brasil mudaron o pensamento dos arqueólogos – foi atopado un verdadeiro cemiterio en Lapa Vermella (Minas Xerais) con ósos datados en 12 mil anos, o primeiro atopouno Annette Laming-Emperaire na década de 1970 e que foi “batizado” de Lucia. Non só os “siberianos” non puideron chegar ao Brasil en tan curto espazo de tempo mais, senón que a “Lucia” parecía máis emparentada cos aborixes australianos ou cos negros das Illas Andaman.

Por outro lado, atopáronse pinturas rupestres con imaxes de tatus xigantes, que podían ser os Glyptodon que viviron durante o Pleistoceno, extinguíndose hai preto de 12 mil anos. Atopáronse tamén as máis antigas pinturas de barcos do mundo. Por iso, os arqueólogos especulan se os primeiros humanos a chegaren á América - aos cales tamén se chama aboríxenes americanos - virían en barco, da Australia ou doutro lugar.

Existen outras teorías sobre a orixe dos nativos americanos:

  • Varios antropólogos, historiadores e arqueólogos teñen suxerido que os nativos americanos son descendentes, ben de europeos, ben africanos que atravesaron o Océano Atlántico. Algúns apuntan a semellanza física entre os Olmecas e os africanos. Thor Heyerdahl demonstrou que é posíbel navegar da África para a América nunha réplica dun barco de papiro do antigo Exipto. Existe igualmente evidencia xenética de antepasados africanos nalgúns indios da Arxentina e arqueolóxica de artefactos que podían ser de orixe europea, como seitas da cultura Clóvis da Europa, antes da ocupación daquel continente por asiáticos.
  • A maioría das relixións dos nativos americanos ensinan que os humanos orixináronse na América no principio dos tempos e viviron sempre alí.
  • No século XIX e principios do século XX, houbo proponentes da existencia de continentes perdidos, entre os cales Atlántida, Mu e Lemuria, de onde poderían vir os primeiros habitantes humanos das Américas.

O máis probábel, sen embargo, é que as Américas fosen colonizadas por vagas de pobos de diferentes orixes, ao longo dos tempos, dando orixe ao complexo mosaico de pobos e linguas que hoxe existen. E é posíbel, igualmente, que eses pobos – tal como aconteceu en tempos históricos, ben documentados – teñan substituído ou se teñan xuntado con poboación orixinais que aló xa existían.

Ver ademais: Arqueoloxía das Américas

[editar] Interacción entre os europeos e os nativos americanos

Vaso maia
Agrandado
Vaso maia

A pesar de que os viquingos exploraran e estabeleceran bases nas costas da América do Norte a partir do século X e teren aí deixado marcas, como a runa de Kensington (aínda que moitos estudiosos disputen a súa autenticidade), estes exploradores aparentemente non colonizaron a América, limitándose a tentar controlar o comercio de peles de animais e outras mercadorías da rexión.

Por outro lado, a colonización europea das Américas mudou radicalmente as vidas e culturas dos nativos americanos. Entre os séculos XV e XIX, estes pobos viron as súas poboacións devastadas polas privacións da perda das súas terras e animais, por doenzas e, en moitos casos por guerra. O primeiro grupo de nativos americanos atopado por Cristobo Colón, estimado en 250 mil aruaques do Haití, foron violentamente escravizados e apenas 500 sobreviviran no ano 1550; o grupo foi extinto antes de 1650.

No século XV, os españois e outros europeos trouxeron cabalos para as Américas e algúns destes animais escaparon e comezaron a se reproducir libremente. Ironicamente, o cabalo tiña orixinalmente evoluído nas Americas, mais extinguiuse na última glaciación. A reintrodución do cabalo tivo un profundo impacto nos nativos americanos das Grandes Planicies da América do Norte, permitíndolles expandir os seus territorios, trocar produtos con tribos viciñas e cazar con máis eficiencia.

Os europeos tamén trouxeron con eles doenzas contra as cales os nativos americanos non tiñan inmunidade, tales como a varicela e a varíola que, moitas veces son fatais para estas persoas. É difícil estimar a percentaxe de nativos americanos mortos por estas doenzas, mais algúns historiadores estiman que preto de 80% da poboación de algunhas tribos foi extinta polas doenzas europeas.

A débeda histórica dos colonizadores para cos pobos nativos é inmensa. Crece a discusión sobre formas de compensación polos danos causados e outros asuntos indíxenas, a nivel internacional, como atesta o gran número de organizacións que se dedica ao tema, por exemplo:

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com