Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Atlántida - Wikipedia

Atlántida

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Mapa de Athanasius Kircher mostrando a suposta situación da Atlántida. (Mundus Subterraneus, 1669)
Agrandado
Mapa de Athanasius Kircher mostrando a suposta situación da Atlántida. (Mundus Subterraneus, 1669)


A Atlántida foi unha antiga illa ou continente mítico, cuxa existencia ou localización nunca foron confirmadas.
Orixinalmente mencionada polo filósofo grego Platón en dous dos seus diálogos (Timeo e Critias), cóntanos que Sólon no curso das súas viaxes por Exipto falando cun sacerdote que vivía en Sais, no delta do Nilo, fálalle dunhas tradicións ancestrais relacionadas cunha guerra perdida nos anais dos tempos entre os atenienses e o pobo de Atlantis. Segundo o sacerdote, o pobo de atlantis (ou Atlántida) viviría nunha illa localizada para alén dos piares de Heracles, onde o Mediterráneo terminaba e o Océano comezaba.

Segundo a mitoloxía grega a Atlántida formaba parte do reino de Poseidon, Deus dos mares, e nas nas montañas do centro da illa vivía unha rapaza orfa de nome Clito, da que Poseidon se apaixonou e para poder cohabitar con ela formou unha barreira constituída por unha serie de murallas de auga e fosos acuíferos arredor da vivenda da súa amada. Deste xeito viviron moitos anos e da súa relación naceron cinco pares de xémeos, ao máis vello o deus dos mares deulle o nome de Atlas. Despois de dividir a illa en dez áreas anelares, deulle a supremacía a Atlas, dedicándolle a montaña de onde Atlas espallaba o seu poder sobre o resto da illa. En cada un dos distritos (aneis terrestres ou cintos), reinaban as monarquías de cada un dos descendentes dos fillos de Clito e Poseidon, estes reunianse unha vez ao ano no centro da illa, onde se localizaba o palacio central e o templo a Poseidon que tiñan os muros cubertos de ouro. A reunión marcaba o inicio dun festival cerimonioso en que cada un dos monarcas tiña que cazar un touro, para beberen do seu sangue e comeren da súa carne entre críticas e loanzas.

Atlántida sería unha illa de extrema riqueza, quer vexetal e mineral, non só era a illa magnificamente prolífica en depósitos de ouro, prata, cobre, ferro, etc como aínda de orichac, un metal que brillaba como fogo.

Os Reis de Atlántida, construíron inumerables pontes, canais e pasaxes fortificadas entre os seus cintos de terra, cada un protexido con muros revestidos de bronce no exterior e estaño no interior, entre estes brillaban edificios construídos de pedras brancas, negras e vermellas.

Tanto a riqueza e a prosperidade do comercio, como a inexpugnable defensa das súas murallas, se tornarían imaxes de marca da illa

Pouco máis se sabe de Atlántida, segundo Platón, esta foi destruída por un desastre natural (posibelmente un terremoto ou maremoto) preto de 9000 anos antes da súa era. Crese aínda que os atlantes foran vitimas das súas ambicións de conquistar o mundo ao seren decimados polos atenienses nesta tentativa. Outra tradición completamente diferente chéganos de Diodorus Siculus, en que os atlantes eran viciños dos libios e que foran atacados e destruídos polas amazonas.

Atlántida sumerxida, en ilustración da obra Vinte mil leguas baixo dos mares
Agrandado
Atlántida sumerxida, en ilustración da obra Vinte mil leguas baixo dos mares

Segundo outra lenda, o pobo que habitaba a Atlántida era moito máis evoluído que os outros pobos da época, e ao prever a destrución inminente emmigrou para África, sendo os antigos exipcios descendentes da cultura de Atlántida.


Na cultura pop do século XX, moitas bandas deseñadas, filmes e debuxos animados retratan a Atlántida como unha cidade asulagada, poboada por sereas ou outros tipos de humanos subacuáticos.

[editar] Teorías

Hai diversas correntes de teóricos sobre onde se situaría Atlántida, e quen sería o seu pobo. A lenda que postula Atlántida, Lemuria e Mu como continentes perdidos, ocupados por diferentes razas humanas, aínda atopa bastante aceptación popular, sobre todo no medio esotérico. (Non confundir cos antigos continentes que, de acordo coa teoría da tectónica de placas existiron durante a historia da Terra, como a Panxea e o Sahul).

Alguns teóricos suxiren que Atlántida sería unha illa sobre a Dorsal Atlántica, que fora destruída por movementos bruscos da codia terrestre naquel local. Esa teoría basease en supostas coincidencias, como a construción de templos en forma de pirámide na América, semellantes ás pirámides de Exipto, feito que podería ser explicado coa existencia dun pobo no medio do océano que separa estas civilizacións, suficientemente avanzado tecnoloxicamente para navegar á África e á América para dividir os seus coñecimentos. Esta posición xeográfica explicaría a ausencia concreta de vestixios arqueolóxicos sobre este pobo.

Algúns estudiosos dos escritos de Platón consideran que o continente de Atlántida sería na realidade a propia América, e o seu pobo culturalmente avanzado e cobertos de riquezas sería ou o pobo Chavín, da Cordilleira dos Andes, ou os Olmecas da América Central, cuxo uso de ouro e pedras preciosas é confirmado polos rexistros arqueolóxicos. Terremotos, comúns nestas rexións, poderían ter dado fin a estas culturas, ou polo menos poderían telas abalado de forma violenta por un período de tempo.

Para algúns arqueólogos e historiadores, Atlántida podería ser unha mitificación da cultura Minoica, que floreceu na illa de Creta ata o final do século XVI a.C.. Os antecesores dos gregos, os micénicos, tiveran, no inicio do seu desenvolvemento na Península Balcánica, contacto con esa civilización, culturalmente e tecnoloxicamente moi avanzada. Cos minoicos, os micénicos aprenderon arquitectura, navegación e o cultivo de oliveiras, elementos vitais da cultura helénica posterior. No entanto, dous fortes terremotos e maremotos no Mar Exeo solaparon as cidades e os portos minoicos, e a civilización de Creta rapidamente desapareceu. É posible que as historias sobre este pobo teñan gañado proporcións míticas ao longo dos séculos, culminando co conto de Platon.

[editar] Ver tamén

Personaxes de banda deseñada

  • Namor
  • Acaman

África

Antártida

Asia

América

Europa

Oceanía

Supercontinentes xeolóxicos

Gondwana  Laurasia  Pangaea  Pannotia  Rodinia  Columbia  Kenorland  Ur  Vaalbara

Continentes míticos ou teóricos

Atlántida  Lemuria  Mu  Terra Australis

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com