Ámsterdam - Amsterdam
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ámsterdam é a capital oficial dos Países Baixos, aínda que o goberno reside na Haia Está localizada na provincia de Holanda do Norte. Conta con 738.763 habitantes (2004), o conxunto da área da grande Ámsterdam ten unha poboación de 1.450.000.
Suca a cidade unha rede de canles que dividen a cidade en 90 illas unidas entre si por 400 pontes.
As primeiras referencias á cidade datan do século XIII, cando era unha vila pesqueira na foz do río Amstel. No século XIV convértese nun importante centro comercial, con grande importancia do comercio coas cidades da Liga Hanseática.
Cando no século XVI os holandeses rebeláronse contra Filipe II de España, ao comezo Ámsterdam mantívose no lado español ata que en 1578 deu o seu apoio a Guillerme I de Orange. A rebelión conduciu á Guerra dos Oitenta anos e a independencia dos Países Baixos.