Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Universais lingüísticos - Wikipedia

Universais lingüísticos

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Chámase universais lingüísticos ás semellanzas existentes entre todas as linguas do mundo e que permiten afirmar que, por exemplo, todas as linguas faladas teñen vogais e consoantes. Os universais lingüísticos interesan á psicolingüística, á etnolingüística e á tipoloxía lingüística.

A investigación tivo o seu pioneiro en Joseph H. Greenberg, que fixo derivar un conxunto de universais básicos (relacionados sobretodo coa sintaxe) a partir do estudo dunhas trinta linguas, pero cobrou forza a partir da formulación das gramáticas xenerativas na década de 1960. Para Noam Chomsky, os seres humanos somos capaces de producir un numero infinito de oracións, incluídas oracións que ninguén dixera antes, a partir dun conxunto reducido de regras gramaticais e un conxunto finito de vocábulos. A capacidade para estruturar a nosa produción desta maneira é innata, parte do patrimonio xenético dos seres humanos e chámase gramática universal. A partir desta gramática universal, o neno que aprende unha lingua concreta accede a esta precisando adquirir só unhas poucas particularidades.

Un exemplo de universal lingüístico é a dupla articulación da linguaxe humana: todas as linguas contan cunha articulación non significativa da cadea falada (os fonemas) e outra en unidades de nivel superior, os morfemas, que xa son significativos. Outro é que cada lingua comporta un inventario limitado de fonemas (entre 10 e 70) e que só utiliza o 50% das oposicións fonolóxicas posíbeis para distinguir eses fonemas.

Unha primeira tipoloxía distingue entre universais absolutos e implicativos. Os universais absolutos son certos para todas as linguas coñecidas e son relativamente poucos (por exemplo: todas as linguas teñen pronomes). Os universais implicacionais son relevantes para linguas que contan cun trazo determinado que sempre se acompaña doutro (por exemplo, se unha lingua ten número trial tamén o ten dual).

Outra tipoloxía distingue entre universais de substancia e universais de forma. Os universais de substancia son os trazos comúns que existen nas diversas linguas segundo os que se organiza a substancia lingüística (o continuum da experiencia representábel). Por exemplo, as categorías sintácticas (verbo, substantivo, etc.). Os universais de forma son as combinacións cos que a substancia lingüística se manifesta. Por exemplo, as ferramentas denomínanse en todas as linguas non a partir das súas calidades físicas, senón con referencia á actividade humana que posibilitan.

Distínguense finalmente catro tipos de universais: os universais fonolóxicos, gramaticais e semánticos (exemplos anteriores) e os universais simbólicos (Por exemplo: a palabra que designa á "nai" posúe unha consoante nasal en moitísimas linguas).

[editar] Véxase tamén

Gramática Universal

Categorías da lingüística
caso gramatical - xénero gramatical - número gramatical - persoa gramatical - aspecto gramatical - voz gramatical - tempo gramatical
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com