Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Sintaxe - Wikipedia

Sintaxe

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A sintaxe é unha subdisciplina da lingüística. É a parte da gramática que se encarga de estudar as regras que gobernan a forma en que as palabras se organizan en sintagmas e, á súa vez, estes sintagmas en oracións.

A escola sistémico funcional inclúe nas súas análises sintácticas o modo en que as oracións se organizan en estruturas de texto. Crese que o pai da disciplina foi Apolonio Díscolo, cuxa obra Sintaxe é un clásico da materia.

A escola do xenerativismo, tamén chamada transformacional centra os seus estudos na sintaxe, co fin de poder chegar a entender elementos do que eles chaman Gramática Universal.

Existen diversos modos de realizar análises sintácticas, mediante corchetes, mediante diagramas arbóreos, etc. Ditas análises mostran tres tipos distintos de información sobre a oración que representan:

  • A orde liñal de aparición das palabras na oración (aínda que isto non é así en tódalas escolas).
  • A agrupación de palabras dentro de categorías sintácticas.
  • A estrutura xerárquica mediante a que se organizan os constituíntes, a cal se explica coa Teoría da X' (X-barra).

[editar] A sintaxe e a morfoloxía

A sintaxe aparece desde un comezo vencellada coa lóxica, pois a proposición ou a oración son expresións de xuízos lóxicos; mais tamén coa morfoloxía. Ata comezos do século XX, non se observou a pertinencia de realizar a distinción entre estas dúas disciplinas lingüísticas. Luis Hjelmslev considera a morfoloxía como a teoría das designacións e a sintaxe como a teoría das relacións mutuas dos signos permutables dentro do texto.

No que concerne á fronteira entre morfoloxía e sintaxe, os lingüístas están moi divididos.

Uns, como Frei ou Buyssens, afirman que a morfoloxía é un aspecto da sintaxe.

Holt entende que a morfoloxía é o estudo das formas como función, e que a sintaxe é o estudio das maneiras de manifestación das formas funcionais.

Togeby fai unha división tripartita: morfosintaxe, morfoloxía e sintaxe. A morfosintaxe estudiaría elementos sistemáticos (usos, empregos, funcións dos morfemas) e sintagmas. A morfoloxía, dedicada ó eixo paradigmático, limitaríase ó sistema morfolóxico, prescindindo da función. A sintaxe, estudaría a progresión do texto: orde e relacións sintagmáticas mutuas, ou combinación de morfemas

Coseriu considera a sintaxe a combinación das palabras na frase. Os problemas de que se ocupa a sintaxe refírense á orde de palabras, ós fenómenos de rección (concordancia ou réxime) -é dicir, á maneira que teñen certas palabras de impor a outras variacións de caso, número, xénero- e a partir do século XVIII, ás principais funcións que as palabras poden cumprir na frase.

Nesta apreciación que Coseriu realiza sobre a sintaxe botamos en falta os niveis superiores: a cláusula, a oración e o enunciado. Parece máis adecuado hoxe en día -de estarmos de acordo con manter a distinción- indicar que o obxecto da sintaxe é a relación sintagmática (incluído tamén neste concepto a rección no sentido de Hjelmslev) das palabras e dos niveis superiores á palabra: frase, cláusula, oración e enunciado.

Para a lingüística estructural, segundo Marcos Marín, a distinción non ten interese; propón, en cambio, diferenciar dous planos: o da expresión e o do contido, e dous eixos, o sintagmático e o paradigmático.

[editar] Enlaces exteriores

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com