Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Teatro - Wikipedia

Teatro

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Teatro romano de Orange (Francia)
Agrandado
Teatro romano de Orange (Francia)

Arte > Teatro

Índice

[editar] Concepto

Teatro de monicreques
Agrandado
Teatro de monicreques
  1. Espectáculo baseado na representación da conduta do ser humano. Esta conduta representada, chamada actuación, é realizada por actores.
  2. Edificio onde se realizan representacións teatrais e espectáculos afíns.
  3. Repertorio, conxunto de creacións teatrais que se consideran propias dun autor -"o teatro de Vidal Bolaño"-, época -"o teatro das Irmandades da Fala- ou país -"o teatro francés".

O termo provén do grego "theatron", nome que recibían as bancadas en forma de hemiciclo desde onde os espectadores contemplaban as representacións teatrais nos anfiteatros gregos. Theatron viría a ser, logo, o “lugar desde onde se mira”. Posteriormente pasou a designar tamén ó espectáculo mesmo e ó lugar destinado a tales espectáculos.

[editar] Orixe

O teatro nace en Grecia e os primeiros datos documentados de literatura dramática son do século I a.C.; a primeira obra crítica sobre a literatura e o teatro é Poética (330 a.C.) de Aristóteles. A traxedia grega desenvolveuse a partir do V a.C. con autores como Esquilo, Sófocles e Eurípides.

[editar] Trazos distintivos do xénero dramático

Kurt Spang propón no seu traballo El drama. Teoría y comentario (1998) unha listaxe de sete trazos que delimitarían o terreo do texto dramático fronte aos outros xéneros:

a.- Inseparabilidade de texto e representación: sen podermos tirar da literatura dramática a posibilidade dunha lectura solitaria, deberemos no entanto considerar que un texto dramático se escribe coa finalidade última de ser representado;
b.- Plurimedialidade do drama: o vencellamento que se establece entre o texto e a representación implica, ademais do carácter colectivo, a utilización conxunta e simultánea de varios códigos, un verbal –o texto– e outros de carácter extraverbal –o decorado, vestiario, o movemento dos actores, sons, música, etc.
c.- Emisión e recepción conxuntas ou simultáneas, característica que provoca unha estruturación diferente –para alá de que se realice in praesentia no momento da representación teatral– xa que esta recepción colectiva converte o texto dramático nun instrumento de transmisión ideolóxica máis eficaz e, polo tanto, máis perigoso, de aí, que en moitas ocasións o teatro sexa un dos xéneros máis censurados e controlados por parte do poder. Era tópica a afirmación de que o teatro era o "libro dos que non saben ler".
d.- Autarquía ou ficción de auto-suficiencia: a representación dramática semella manterse por si mesma fóra da presencia do autor e do público.
e.- Dobre sistema de comunicación: a aparente auto-suficiencia da comunicación das figuras entre si, provoca a necesidade dunha distinción entre dúas comunicacións que se producen simultaneamente na representación teatral grazas ao traballo conxunto dos códigos verbal e extraverbal:
unha comunicación horizontal e directa (a dos personaxes entre si) e
outra vertical e indirecta (a do autor co público a través do texto representado).
f.- O diálogo dramático é funcional e formalmente diferente, ademais de ser a principal -aínda que non a única- forma de comunicación verbal no drama,
g.- Dobre ficción: ademais da literaria, o espectador enfróntase á ficción do teatro e da representación escénica: os actores actúan como se fosen as persoas que encarnan, o escenario convértese no espacio extraescénico que propón o autor, o tempo non é o da representación senón a ficción que propón o dramaturgo a través do texto.

[editar] Xéneros teatrais

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:

[editar] Formas teatrais híbridas

[editar] Compoñentes sígnicos da representación

O espectador dunha obra de teatro vive unha ilusión ó ver na escena uns feitos expresados por medio do xesto e das palabras. É a escena como espacio de representación.

Na construcción escénica combínanse variadas ordes artificiais: pintura, escultura e arquitectura fundíndose significativamente para potencia-lo espectáculo, mais hai que sumar outras manifestacións:

  • decorativas e icónicas, relacionadas cos obxectos escénicos
  • vestiario, un factor decorativo
  • a luminotecnia, efectos de representación, xogos de voces con funcións diversas: creadores de espacios interiores, destacando perfís, matizando imaxes. Alongan ou acurtan a dimensión da escena; crean efectos de misterio,...
  • a música, intensificadora de aspectos concretos da acción dramática, chegando a adquirir valor autónomo.

[editar] Véxase tamén

Traballo en progreso: Este artigo é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com