Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Shin Chan - Wikipedia

Shin Chan

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Shin-chan (en xaponés クレヨンしんちゃん, Crayon Shin-chan) é un manga do debuxante Yoshito Usui e unha serie de animación sobre a vida dun neno de 5 anos extrovertido, falangueiro, descarado e moi larpeiro.

Índice

[editar] Personaxes

[editar] Familia Nohara

  • Shinnosuke Nohara (野原しんのすけ) (Shin-chan). Ten 5 anos e apaixónano as galletas de chocolate, a serie de televisión de Ultraheroe, as mozas en bikini e a sección de "adultos" da libraría. Encántalle o "baile do cú ó aire" e ensinar a "trompa" (piroliña), pero non lle gustan nada os pementos. O que mellor caracteriza esta personaxe é o feito de que, estea onde estea, sempre acaba imperando o caos.
  • Hiroshi Nohara (野原ひろし), pai de Shin-chan (35 anos). Traballa na oficina da empresa Futaba, gaña pouco e soe ir de esmorga polos bares despois do traballo.
  • Misae Nohara (野原みさえ), nai de Shin-chan (29 anos). É ama de casa. Soe durmir a sesta, e perde a paciencia con facilidade. De solteira apelidábase Koyama.
  • Himawari Nohara (野原ひまわり), a irmá pequena (0 anos). Encántanlle as xoias caras e os mozos ben feitos.
  • Nevado (no orixinal xaponés Shiro, シロ, que significa "blanco"), o can da familia. En teoría, Shin-chan coida del, pero rara vez se acorda de darlle a comida.
  • Ginnosuke Nohara (野原銀の介), avó paterno de Shinnosuke (65 anos). Vive na prefectura de Akita e non se leva ben con Yoshiji Koyama. Ten a mesma personalidade que Shin Chan, polo que conxenian moi ben.
  • Tsuru Nohara (野原つる), avoa paterna de Shinnosuke.
  • Yoshiji Koyama (小山よし治), avó materno de Shinnosuke. Vive en Kumamoto, na prefectura de Kyushu e levase mal con Ginnosuke Nohara. É moi serio e detesta certos programas de televisión.
  • Hisae Koyama. É a avoa materna de Shinosuke.

[editar] Amigos

  • Tooru Kazama (風間トオル), un neno moi listo de familia adiñeirada que polas tardes sempre ten clase de inglés nunha academia.
  • Masao Satō (佐藤マサオ), un neno moi choromicas que leva a cabeza rapada.
  • Nene Sakurada (桜田ネネ), unha nena á que lle gusta moito xogar a "papás e mamás". Cando se enfada zóscalle a un coello de peluche; actitude que herdou de sua nai.
  • Boo-chan, un neno que sempre leva un moco colgando do fuciño. É algo torpe (salvo nalgúns casos) e prácticamente non fala, pero de vez en cando di algunha cousa sensata.
Xunto con Shin-chan, forman o "Exército de Kasukabe" (a cidade donde viven).

[editar] Mestres

  • Midori Yoshinaga (よしながみどり). É a mestra da clase dos Xirasois, a onde vai Shin-chan. Encantanlle os nenos, pero Shin-chan pon a proba a súa paciencia tódolos días, pois non a deixa en paz nin cando está co seu noivo Hishisaka.
  • Ume Matsuzaka (まつざかウメ) (24 anos). Coida mucho das aparencias, pero en realidade é bastante pobre. Gástase tódolos cartos en xoias e vestidos para logo ter que conformarse con comer pan durante un mes enteiro. Nunca consigue ligar e leva moito maquillaxe, cousa que Shin-chan se encarga de recordarlle a cada momento. Lévase mal con Yoshinaga e ten dúas irmás maiores chamadas Take Matsuzaka (26 anos) e Matsu Matsuzaka (29 anos), e ámbalas dúas están na mesma situación que ela.
  • Director, ó que Shin Chan chama "mafioso" pola sua aparencia física. Sen embargo a súa personalidade esta cargada de paciencia e amabilidade. A súa aparencia (moitas veces axudado por Shin Chan) causoulle moitos problemas.
  • Masumi Ageo. É moi tímida, pero cando se quita as gafas vólvese agresiva.

[editar] Oficina da empresa futaba, onde traballa Hiroshi

  • Kawaguchi é un subalterno de Hiroshi. É bastante tímido cas mozas, e non consigue ligar.
  • Yumi é a atractiva secretaria de Hiroshi, e soe aparecer nos soños deste.

[editar] Ficción

  • Ultrahéroe (en xaponés Action Kamen, アクション仮面) é a personaxe máis popular na televisión. Ten unha axudante, Mimiko, a quen sempre secuestran, e os seus ataques son o Ultra Puño, a Ultra Patada e o Ultra Raio. Shin-chan non se perde nin un episodio da serie.
  • Súper Robot (en xaponés Kuntam o Kantamu, カンタム, nome baseado en Gundam)
  • Porquiño pirata ou Buriburi é porco que soe debuxar Shin-chan, e para o que inventa diversas historias. A veces recompila estas historias en libros de debuxos que posteriormente intentará vender na libraría Kasukabe.

[editar] Outros

  • Exército Escarlata. Son tres rapazas (Yuko, Oghin e Mari) que pretenden ser o terror da cidade, pero son confundidas con humoristas por Shin Chan.
  • As libreiras. Non conseguen vender libros tranquilamente sen quitarse de encima a Shin-chan. Comunícanse mediante o código secreto xesticulado das libreiras.
  • Usuto Yoshii, parodia de Yoshito Usui, o debuxante de Shin-chan. É un debuxante que nunca chega a entregar a tempo o seu traballo por diversos motivos, todos eles relacionados con Shin-chan. O seu nome é unha reordenación silábica de Yoshito Usui.
  • Nanako, o gran amor platónico de Shin-chan, quen se volve firme e cabaleiroso cada vez que se atopa con ela. É unha universitaria que ten un pai que non quere que teña mozo, así que non lle gustan nada as intencións de Shin-Chan.
  • Michi (ミッチー) e Yoshirin (ヨシリン) son unha empalagosa parelliña de casados. Viven ó lado dos Nohara. De vez en cando enfadanse por cousas sen importancia e buscan consolo na casa dos seus veciños. Acaban resolvendo os seus problemas, ainda que sempre logran "contaxiárllelos" a Hiroshi e Misae.
  • Keiko Honda (29 anos), unha amiga de Misae. Casouse con Satoshi Honda, un debuxante de cómics oito anos máis novo que ela. Ten un bebé chamado Hitoshi Honda.
  • Kawamura, un neno que vai á clase das rosas, é moi bo en tódolos deportes pero nas competicións ca clase dos xirasois sempre é humillado por Shinnosuke.


[editar] Manga

O manga publicase cada semana na revista Weekly Action dende 1992. Tamén se publicaron por agora 40 tomos de 200 páxinas en Xapón. En España, intentouse editar o manga unha primeira vez, pero foi un fracaso. Sen embargo despois de que a serie demostrara ser un éxito , volveu a editarse, e saíron á venda 42 libros en edición castelá e 70 en edición catalá, por Planeta DeAgostini.

[editar] Serie de Animación

Crayon Shin-chan (クレヨンしんちゃん) fíxose moi popular en Cataluña e logo pasou a outras televisións autonómicas co mesmo éxito, como sucedeu en Galiza. En Xapón a serie leva 12 anos en antena e segue saíndo un novo episodio cada semana. Actualmente emitíronse máis de 500 episodios. Emitiuse por primeira vez o 13 de abril de 1992 na televisión xaponesa TV Asashi. Cada capítulo dura 20 minutos e está dividido en tres subcapítulos de 6:40, aínda que nas últimas tempadas na televisión xaponesa están a emitir tan só dous subcapítulos de diferente duración, e que xuntos completan os 20 minutos.

[editar] A letra da sintonía da TVG

Sonche falangueiro, descarado e bó larpeiro, deixo a todos quedar mal. Sinosuke é un bule bule pra enredar el éche o tal.

- Sinosuke

Cando hai que conquistar aí si que non teño par, e facendo as beiras son moi lanzado e picarón.

- Came on baby, came on baby. Os pementos que noxo dan.

Mira que trompa que cacho trompa.

Trompa ,trompa... e todos saben que son Shin Chan.

-¡Sinosuke!

Medo ten a xente cando medre de repente non se vai zafar ninguén. Se quedas comigo ímolo pasar moi ben e... verás que eu son especial.

[editar] Películas

1993:クレヨンしんちゃん アクション仮面vsハイグレ魔王

Crayon Shin-chan: Action Kamen vs Haigure Maô
Shin-chan: A invasión (Shin-chan: Ultraheroe contra o diaño Haigure)

1994:クレヨンしんちゃん ブリブリ王国の秘宝

Crayon Shin-chan: Buriburi Ôkoku no hihô
Shin-chan:na illa do tesouro (Shin chan:O tesouro do reino Buriburi)

1995:クレヨンしんちゃん 雲黒斎の野望

Crayon Shin-chan: Unkokusai no yabô
Shin-chan:o pequeno samurai (El anhelo de Unkokusai)

1996:クレヨンしんちゃん ヘンダーランドの大冒険

Crayon Shin-chan: Henderland no Daibôken
A gran aventura de Henderlandia

1997:クレヨンしんちゃん 暗黒タマタマ大追跡

Crayon Shin-chan Ankoku Tamatama Daitsuiseki
Shin-chan en busca das bolas perdidas

1998:クレヨンしんちゃん 電撃!ブタのヒヅメ大作戦

Crayon Shin-chan: Dengeki! Buta no Hizume Daisakusen
Operación Rescate (¡Sensacional! O gran proxecto dos pezuños de porco)

1999:クレヨンしんちゃん 爆発!温泉わくわく大決戦、クレしんパラダイス!メイド・イン・埼玉(同時上映)

Crayon Shin-chan: Bakuhatsu! Onsen wakuwaku kessen. / Kureshin paradise! Made in Saitama (Dôji jôei)
¡Bomba! A batalla decisiva da fonte termal. / ¡Paraíso Shin-chan! feito en Saitama (Proxección simultánea)

2000:クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶジャングル

Crayon Shin-chan: Arashi wo yobu - Jungle
Chamando á tempestade - A xungla

2001:クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ モーレツ!オトナ帝国の逆襲

Crayon Shin-chan: Arashi wo yobu - Môretsu! Otona Teikoku no Gyakushû
Chamando á tempestade - Shinchan contra o Imperio dos Adultos

2002:クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ アッパレ!戦国大合戦

Crayon Shin-chan: Arashi wo yobu - Appare! Sengoku Daikassen
Chamando á tempestade - ¡Ben feito! A gran guerra Sengoku

2003:クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ 栄光のヤキニクロード

Crayon Shin-chan: Arashi wo yobu - Eikô no yakiniku rôdo
Chamando á tempestade - O Señor do Yakiniku da Gloria (?)

2004:クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ 夕陽のカスカベボーイズ

Crayon Shin-chan: Arashi wo yobu - Yûhi no Kasukabe Boys
Chamando á tempestade - O ocaso dos rapaces de Kasukabe

[editar] Ligazóns externas

  • Lista dos episodios en xaponés [1]
  • En catalán [2]
  • Lista incompleta de episodios en castelán [3]
  • Páxina en galego adicada a Shin Chan [4]
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com