Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Río Rhin - Wikipedia

Río Rhin

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Río Rhin
Altitude da fonte: 2344 msnm
Lonxitude: 1320qm
Caudal medio: 2200 m³/s
País: Suíza, Francia, Alemaña e Países Baixos
Desemboca Mar do Norte

O Rin (Rhein en alemán, Rhin en francés, Rijn en neerlandés) é un dos ríos máis longos e importantes de Europa, con 1.320 Km e un caudal de 2.000 metros cúbicos por segundo. Atravesa Europa de sur a norte, desembocando no Mar do Norte.

Loreley
Agrandado
Loreley

O nome Rin é de orixe celta e significa fluír (como en grego antigo 'rheīn'=fluír). Xunto co Danubio, o Rin constituía a maior parte da fronteira setentrional do Imperio Romano. Os romanos chamaban o río co nome de Rhenus. Desde esa época o Rin é un curso de auga moi usado para o transporte e o comercio.

Índice

[editar] Xeografía

Mapa do Rin
Agrandado
Mapa do Rin

O Rin nace nos Alpes, no leste da Suíza, no cantón de Grisons (ou Graubünden en alemán) e é o resultado da confluencia de dous ríos, o « Rin anterior » e o « Rin posterior ». Desagua no mar do Norte mesturando as súas augas coas do río Mosa no grande delta. Atravesa ou acompaña seis países : a Suíza, a Austria, o Liechtenstein, a Alemaña, a Francia e os Países Baixos.
Constitúe a fronteira natural entre a Suíza e o Liechtenstein, entre a Alemaña e a Suíza e entre a Alemaña e a Francia.

Nos Países Baixos, o Rin divídese para formar un delta:

  • Perto de Noviomago o Rin divídese no Rin Baixo (ou Nederrijn en neerlandés), o Linga (ou Linge en neerlandés) e o Vales (ou Waal en holandés)
  • En Arnhemia, o Rin Baixo divídese no Rin Baixo e o Isala (ou Igsel en Neerlandés)
  • Perto de Gorinchen, o Vales xúntase cun brazo da Mosa e continúa baixo o nome Merivido (ou Merwede en neerlandés)
  • Despois Wijk bij Duurstede, o Rin Baixo divídese na Leica (ou Lek en neerlandés), no Rin Vello (ou Oude Rijn en Neerlandés) e no Rin Curvado (ou Kromme Rijn en neerlandés).

[editar] Historia

Esta característica de fronteira nacional é relativamente recente, con excepción do período durante o cal o Imperio romano o transformou nunha barreira ao norte contra os bárbaros, cunha fronteira (limes) recheada de fortificacións, como Colonia ou Estrasburgo. Entre a caída do Imperio romano e a conquista da Alsacia por Luís XIV, o Rin facía parte do mundo xermánico, que o denominaba Vater Rhein, o Rin paternal.

[editar] Hidroloxía

Canyon ou Ruinaulta, entre Ilanz/Glion e Chur, Suíza
Agrandado
Canyon ou Ruinaulta, entre Ilanz/Glion e Chur, Suíza

Con 14 000 á 17 000 anos de idade, as cataratas do Rin teñen unha altura de 23 metros (desnivel total de 33 metros) e unha largura de 150 metros, cun fluxo medio de 700n3/s.

Fluxo medio anual na fronteira franco-alemá: 1 240 m&sup3.
Fluxo medio en Estrasburgo : 1 080 m/s.
En Basilea : medio : 1062 m/s ; seca : 202 m&sup3 ; maior enchente: 5700 m&sup3.

[editar] Afluentes principais

  • Neckar
  • Main (Río Meno)
  • Mosela
  • Ruhr


[editar] Economía

Entre a Basilea e o seu estuario, o Rin atravesa unha das zonas máis densamente poboadas da Europa occidental, historicamente rica en comercio e trocas.

O Val do Rin tamén foi o berce dunha das principais rexións da Revolución Industrial, a rexión do Ruhr, que se beneficia dunha importante reserva de recursos minerais, de fácil acceso e favorábeis ao desenvolvemento da industrialización.

Desde a « Convención de Mannheín » de 1868, o Rin considérase unha rexión de "augas internacionais" da última ponte da Basilea até o mar do Norte, asegurándolle á Suíza un acceso libre ao mar. A sede da Comisión central pola Navegación do Rin é en Estrasburgo. Fundada en 1815 durante o Congreso de Viena, é a máis antiga organización internacional.

En 2000, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e Cultura (UNESCO) inscribiu os 65 km do Val Medio do Rin na lista do Patrimonio da Humanidade, xuntamente co rochedo da Lorelei, perto da cidade de Saint-Goar, na Alemaña.

[editar] Departamentos

O Rin deu o seu nome aos dous departamentos (fr.: départements) franceses da rexión Alsacia:

  • Bas-Rhin (Baixo Reno, cuxa capital é Estrasburgo)
  • Haut-Rhin (Alto Reno, cuxa capital é Colmar)

Dá tamén o seu nome a dous Estados (al.: Bundesländer) da Alemaña:

  • Renania-Palatinado (Rheinland-Pfalz)
  • Renania do Norte-Westfalia (Nordrhein-Westfalen)

[editar] Cita

« Il y a toute l'histoire de l'Europe (...) dans ce fleuve des guerriers et des penseurs, dans cette vague superbe qui fait bondir la France, dans ce murmure profond qui fait réver l'Allemagne. Le Rhin réunit tout. » Le Rhin, Victor Hugo, 1842.

En galego: « Toda a historia da Europa (...) está resumida neste río de guerreiros e de pensadores, nesta onda inmensa que sacode a Francia, neste murmurio profundo que fai soñar a Alemaña. O Rin reúne todo. » Le Rhin, Victor Hugo, 1842.

[editar] Xeoloxía

[editar] Paisaxe

[editar] Clima

[editar] Flora e fauna

[editar] Demografía

[editar] Ligazóns Externas

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:


Traballo en progreso: Este artigo é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com