Río Ródano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Ródano é o máis salientable dos cinco ríos franceses. Percorre 812 quilómetros entre Suíza e o mar Mediterráneo, dos que 231 km son suízos e 581 franceses.
O Ródano ten a súa fonte no glaciar Furka, nos Alpes suízos, no monte San Gotardo, a 1.753 metros de altitude. Flúe primeiro cunha dirección leste-oeste (o seu leito máis alto corresponde ó cantón de Valais); en Sankt-Moritz o seu leito retrocede fortemente e remonta cara o norte antes de verter as súas augas ó lago Léman; sae dalí por Xenebra e penetra en Francia; o trazo do seu curso é sinuoso ata case Lyon, onde recibe o Saona; a partir desta cidade corre ata o sur para desembocar nun delta (Camargue) no mar Mediterráneo.
Principais afluentes:
Principais cidades atravesadas polo Ródano:
Deu nome aos departamentos do Ródano e de Bocas do Ródano, e tamén ó antigo departamento revolucionario de Ródano e Loira.