Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ortigueira - Wikipedia

Ortigueira

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ortigueira
Situación
Xentilicio 1: Ortigueirés - Urticariense
Xeografía
Provincia: Coruña
Comarca: Ortegal
Área: km²
Entidades de poboación: -
Capital do concello:
Latitude e lonxitude:
Altitude máxima: - m.
Altitude mínima: m.
Zona horaria: 2 UTC + 1
Demografía (2004)
Poboación: 7.830 hab.
Densidade: hab./km²
Uso do galego 3 (2001)
Galegofalantes sobre o total da poboación: %
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos
Sempre: %
Ás veces: %
Nunca: %
Política (2003)
Concelleiros 4: PPdeG '(votos - %)
BNG ' (votos - %)
PSdeG-PSOE '(votos - %)
Outros: -' (- %)
Alcalde: Antonio Campo (PP)
Eleccións municipais en: 'Ortigueira'
Censo electoral (2003)
Total electores: - 100 %
Votantes: - %
Abstencións: - %
Votos en branco: - %
Votos nulos: - %
Orzamentos 5 (2000)
Total ingresos:
Tributos propios por habitante:
Transferencias por habitante:
Consumo público por habitante:
Gasto de capital por habitante:
Enderezos
Enderezo físico: Praza de Isabel II, s/n
Teléfono: 981400000
Fax:
Código Postal: 15330
Correo electrónico:
Sitio web oficial: www.concellodeortigueira.com

Notas: 1 Véxase no Galizionario.

2 No verán: UTC + 2.
3 Datos de 2001 publicados en 2004.
4 Eleccións Municipais Maio 2003.
5 Datos de 2000, daquela non existía o Euro, convertíronse as pesetas a Euros.

Ortigueira é un concello da Provincia da Coruña en Galicia pertencente á Comarca do Ortegal. En 1988 o concello de Cariño segregouse do de Ortigueira.

Poboación en 2004: 7.830 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes (8.022 en 2003).

Xentilicio (véxase no Galizionario) : Ortigueirés - Urticariense

Evolución da poboación de: Ortigueira - desde 1900 ata 2004 -
 1900  1930  1950  1981  2004
 18.426  20.614  21.801  16.443  7.830
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

O Concello de Ortigueira ten, desde o ano 1988, unha superficie de 214 km², sendo a súa densidade cercana aos 40 habitantes por km². Conta con 21 parroquias.

Índice

[editar] Xeografía

A vía principal de comunicación é a estrada comarcal 642, que provén de Ferrol e atravesa o concello polo norte. A partir dela se organizan o resto das estradas. Tamén pasa o camiño de ferro de vía estreita de Ferrol a Xixón.

Ortigueira sitúase entre a Serra da Capelada ao Oeste e a Serra da Coriscada e a Serra da Faladoira a Leste. O relevo, consistente en materiais pizarrosos, vai baixando cara a ría de Ortigueira. Estas alineacións actúan como divisoria de augas entre os afluentes do río Sor e os que verten directamente na ría de Ortigueira (Mera, Baleo, Maior, etc.), que son cortos e teñen unha pendente forte.

A temperatura media é de 12,9°C, con mínima en febreiro e máxima en agosto; a amplitude térmica é escasa, non chegando aos 9°C. A choiva é de arredor de 1.000 mm. O relevo produce un efecto de barreira á entrada dos ventos dominantes, o que aumenta a pluviosidade, mentres que na parte central do concello apenas se superan os 850 mm, ben que o número de días despexados sexa reducido.

[editar] Historia

Consérvanse restos do Megalítico. Segundo o historiador romano Plinio o Vello (século I), nesta zona habitaban os arroni, que chamaban ao seu territorio Arrós (este topónimo utilizábase no século XII para designar unha demarcación eclesiástica). Ptolomeo (século II) denominou este territorio como Lapatiancorum ou Trileuco, "tres brancos", en posíbel referencia aos Aguillóns de Cabo Ortegal, lugar no que residían os lapatiancos.

O nome "Ortigaria" aparece na Idade Media, nunha relación de terras incluídas no condado de Montenegro, un dos once que constituían Galiza. No 929, o rei astur-leonés Afonso IV puxo as terras de "Orticaria" baixo o mando dun dos seus sobriños, Gutiérrez (pai de San Rosendo).

A vila de Ortigueira constitúese como tal no século XIII, cando Afonso X lle concede o Foro de Benavente. Nel disponse a construción dun porto e concédeselle unha feira anual. O 15 de novembro de 1442, Ortigueira convírtese en condado baixo Diogo Pérez de Sarmiento. En 1883 pasou a facer parte da provincia de A Coruña e desde 1945 conta con xulgado comarcal.

En 1988 cinco parroquias escindíronse para constituir o concello de Cariño,

[editar] Economía

Na montaña atópase unha economía agraria tradicional en retroceso acompañada de despoboamento. A poboación estase a concentrar na costa. No ano 1940 o concello chegou a contar con 22.152 habitantes e desde entón a emigración e o crecemento vexetativo negativo. En 1988 produciuse un descenso estatístico da poboación pola escisión citada anteriormente; debido a isto, a poboación pasou de 15.053 en 1986 a 9.925]] en 1991.

Case o 40% da poboación se dedica ao sector primario e algo menos aos servizos. Naquel destaca o aproveitamento do bosque (que ocupa máis do 62% do territorio), a pesca (fundamentalmente en Ladrido e Ortigueira), a agricultura de autoconsumo e a gadería (leite nas zonas baixas e carne nas altas). Pouco máis do 10% da poboación traballa na construción e algo máis na industria (pizarra e materiais de construción - desapareceron as conserveiras).

[editar] Cultura

En Ortigueira celébrase anualmente desde 1978 o Festival Internacional do Mundo Celta. As datas de celebración coinciden coa segunda fin de semana do mes de xullo. En 2006 vai pola edición XXII, xa que o festival non se celebrou durante varios anos. Na actualidade o festival cambiou o seu nome oficial polo de Festival de Ortigueira, acollendo músicas de tipo folk alleas aos límites iniciais dos países celtas.

Da prehistoria resaltan o dolmen Forno dos Mouros (Couzadorio) e os castros próximos ao mar. O convento de San Domingos é orixinariamente do século XIV, se ben o edificio actual é do século XVIII. Nel está a igrexa de Santa Marta, iniciada en 1776 e, desde 1849, igrexa parroquial, e a sede e oficinas do concello.

O teatro da Beneficencia situado no mesmo edificio do convento, conta con frescos realizados en 1892 por Vicente Martínez. De entre os pazos destacan o de Brandariz, que pertenceu aos Ponce de León, o de Riomaior (Senra), Rasamonde (Espasante), O Souto (Mera), Lagarea (Cuíña) e Couzadoiro (Couzadoiro). O hospital de San Roque, construído en 1885 acolle hoxe a diversas asociacións. O antigo grupo escolar, deseñado por Julio Galán en 1909 é contén a biblioteca municipal e o arquivo municipal, ambos con instalacións recentemente renovadas

[editar] Lugares de Ortigueira

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ortigueira vexa: Lugares de Ortigueira.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santalla) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)


[editar] Véxase tamén

  Referencias relacionadas con Galicia

[editar] Persoeiros

  • Federico Maciñeira (1.870 - 1.943), arqueólogo e académico da Real Academia da Historia.
  • Xavier Garrote, fundador da Escola de Gaitas de Ortigueira
Galicia en progreso: Este artigo é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel, especialmente se vives neste sitio, e contribúe a que a Galipedia ofreza a mellor información posíbel sobre o noso país. Pódeche resultar útil ver outros artigos sobre Galicia ou consultar o nomenclátor oficial.
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com