Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Mudhoney - Wikipedia

Mudhoney

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Mudhoney

{{{caption}}}
Orixe Seattle
País Estados Unidos
Período 1988-actualidade
Xénero(s) Grunge
Selo(s) discográfico(s) Sub Pop, Reprise
Membros Mark Arm
Dan Peters
Steve Turner
Guy Maddison
Antigos membros Matt Lukin
Wayne Kramer
Steve Dukich
Web oficial


Mudhoney é unha banda pioneira do movemento grunge formada na cidade de Seattle despois da disolución de Green River, grupo no que estaban Stone Gossard e Jeff Ament (que formarían parte de Pearl Jam posteriormente) e Steve Turner e Mark Arm, os cales formarían Mudhoney xunto ao batería Dan Peters e ao baixista Matt Lukin.

Índice

[editar] Biografía

[editar] Antes de Mudhoney

A historia de Mudhoney comeza moito antes de que a banda fose creada. Foi a principios da década dos 80 cando Mark Arm formou a súa primeira banda, Mr. Epp and the Calculations. Era unha banda "pantasma" que non compoñía cancións nin tocaba instrumentos. Moitas veces facían carteis para concertos que non existían. Esa banda estaba formada por Mark, Joe Smitty, Tom Wolf e Darren Morey. Eles gravaron unha cinta demo que consistia basicamente na narración dunha historia con Tom e Joe tocando a guitarra e Mark na batería, e participaron nun programa de radio onde foron presentados como "Mr. Epp, a peor banda do mundo". A banda tamén chegou a tocar nun concerto de verdade, onde abriu para Malfunkshun (banda de Andrew Wood). Ao mesmo tempo, Mark tamén tocaba en The Limp Richards que tiña aínda menos material que Mr. Epp.

Mentras tanto, o guitarrista Steve Turner tocaba con Stone Gossard (posteriormente de Pearl Jam) na banda Ducky Boys. Cando esta banda se separou, Steve foi convidado por Alex Shumway para tocar en Spluii Numa, que tocaba un son pop/punk na tentativa de facerse popular, que era exactamente o oposto das pretensións do Mr. Epp. Despois Steve saíu da banda e foi finalmente convidado por Mark para tocar en Mr. Epp e en Limp Richards que separaríanse despois da entrada de Steve.

[editar] Green River

Despois do fin desas bandas, Mark, Steve e Alex decidiron formar outra. O primeiro paso foi reclutar ao baixista Jeff Ament, que na época tocaba nunha banda chamada Deranged Diction. El nunca foi un grande fan de Mr. Epp pero xa traballara con Steve e convencérono para xuntarse ao novo grupo, Green River. Mark queria concentrarse nas voces, polo que deixou a guitarra, que foi asumida por Steve e Stone Gossard que tamén se uníu a eles. Fixeron varios concertos, incluíndo un como teloneiros de Dead Kennedys e ao pouco tempo Steve deixou a banda por diferencias entre el e Stone e Jeff. Foi substituido por Bruce Fairweather (que tocaba con Jeff en Deranged Diction).

Green River tivo relativo éxito, lanzando algúns álbumes e facendo xiras por Estados Unidos. Pero, aínda así, a banda separouse, principalmente porque parte da banda quería asinar un contrato cunha grande discográfica mentres o resto quería continuar nunha independente. Steve, despois da súa saída de Green River, meteuse nunha banda chamada The Thrown Ups, e co o fin de Green River, Mark entrou nesa banda. Stone, Jeff e Bruce, xuntáronse ao vocalista Andrew Wood e formaron Lords of the Wasteland, máis tarde coñecida como Mother Love Bone.

Os outros futuros integrantes de Mudhoney tamén estaban envoltos en proxectos, Matt Lukin medrou nas proximidades de Seattle, era amigo de Kurt Cobain e tocaba cos Melvins. Dan tocaba en Bundle of Hiss e durante moi pouco tempo tocou cos Melvins antes de ser convidado por Mark para entrar en Mudhoney.

[editar] Sub Pop (1988–1991)

O día 1 de xaneiro de 1988, Dan, Mark, Matt e Steve reuníronse para formar Mudhoney. Eles sacaron o nome da banda dunha película do cineasta Russ Meyer. A primera gravación foi co produtor Jack Endino e no mesmo ano sería lanzado o primeiro sinxelo pola Sub Pop, a canción era "Touch Me I'm Sick" que practicamente definíu o son de Seattle e hoxe é considerada a primeira canción grunge.

O seguinte lanzamento foi o EP Superfuzz Bigmuff, tamén pola Sub Pop. O álbum foi chamado así polo pedal de distorsión para guitarra favorito da banda. Eles lanzaron tamén un sinxelo dividido con Sonic Youth, que lles garantíu unha certa popularidade no underground. A banda saíu de xira ao lado de Sonic Youth e voltou ao estudio novamente con Jack Endino para gravar un novo álbum, o primeiro da banda, titulado Mudhoney. Ao mesmo tempo foi lanzado un novo sinxelo da canción "This Gift", aparte dunha versión de Mr. Epp, "Baby Help Me Forget" como cara-b.

Mudhoney tocou con bandas como Nirvana e Tad no festival Ultra Lame Fest da Sub Pop e saíu de xira por Australia. Cando voltaron, Dan chegou a tocar con Nirvana nun único concerto. Kurt e Krist querían a Dan na banda, pero non querían que Mudhoney desaparecese, e entón acabaron optando por Dave Grohl. Dan tamén chegou a tocar en Screaming Trees por un curto período de tempo. Novamente reunido, Mudhoney comezou as gravacións do segundo álbum da banda, Every Good Boy Deserves Fudge no lendario estudio Egg, con Conrad Uno (proprietario da discográfica Popllama Records).

[editar] Reprise (1992–1999)

En marzo de 1992, en medio do estoupido da escena de Seattle, Mudhoney tamén acabou optando por asinar un contrato cunha grande discográfica, a escollida foi a Reprise Records. O álbum Piece of Cake foi lanzado e non foi ben recibido pola crítica, que considerou que o son máis suxo da banda perdérase cando eles asinaron coa Reprise. No fin do ano, a película Singles foi lanzada, cunha banda sonora que incluía unha canción de Mudhoney, "Overblown". Coa película, Mudhoney gañou algunha popularidade e saíu de xira, que chegou a ter a Nirvana como teloneiro nun concerto. Cando rematou a mesma, Mudhoney estava de novo no estudio, desta vez baixo produción de Kurt Block, da banda Fastbacks. O álbum foi titulado Five Dollar Mock Cooter Stew e foi un intento de recapturar a enerxía dos lanzamentos anteriores.

Xa en 1994 a banda novamente saíu de xira, desta vez de teloneiros de Pearl Jam. Nun dos concertos, Mark e Steve tocaron algunhas cancións con Pearl Jam e Alex chegou a participar reunindo a Green River. Despois desa xira eles voltan ao estudio para gravar My Brother The Cow con Jack Endino. O álbum foi lanzado a finais do ano xunto cunha colección de videoclips titulada #1 Video in America This Week. Outra extensiva xira seguíu ao lanzamento do álbum, tocando nalgúns concertos máis con Pearl Jam e facendo concertos por toda norteamérica e Xapón. Eles tamén participaron na película Black Sheep, con Chris Farley e David Spade. Todos eses proxetos fixeron de 1995 un ano ocupadísimo para Mudhoney que a petición de Steve tomouse un descanso, parando coas xiras e tocando apenas nalgúns concertos ocasionais en Seattle.

Steve envolveuse en proxectos paralelos como Monkeywrench (con Tom Price de Gas Huffer) e Fall Outs. Tamén creou unha discográfica independente chamada Super Electro, onde lanzou álbumes para bandas como Flop. Dan estivo envolto como baterista nalgunhas bandas da área de Seattle como Fastbacks, Mark Lanegan, The Deadcoats e J.D. Gilmore. Mark tocou con Steve en Monkeywrench e en Bloodloss.

Na segunda metade de [[1998] a banda fai algúns concertos, unha vez máis abrindo para Pearl Jam, e traballou na divulgación do álbum Tomorrow Hit Today. A banda fai pequenas xira polos Estados Unidos e tamén por Xapón e Australia. O álbum recibíu excelentes críticas nos Estados Unidos, pero a banda xamais conseguiu recuperar o prestixio de público e crítica do tempo da Sub Pop. Despois do final da xira, a banda decidíu tomarse un novo descanso. O contrato coa Reprise foi roto e o baixista, Matt Lukin, decidíu deixar a banda. A banda pensa en rematar a súa carreira, pero animados por Matt eles continúan.

[editar] Volta á Sub Pop

En xaneiro de 2000 a Sub Pop lanzou o recopilatorio March to Fuzz, un CD duplo coas principais cancións da banda e rarezas, en total 50 temas. Pouco despois a banda volve a asinar coa Sub Pop.

No ano 2002 editan un novo disco: Since We've Become Translucent, moi ben recibido polos fans e pola crítica. Incorporan a Guy Maddison, ex-membro de Lubricated Goat, como novo baixista da banda. Despois diso a banda pasa algún tempo facendo concertos e participando de proxectos paralelos.

En 2006 sacaron o seu último traballo: Under a Billion Suns, un dos mais pesados da banda. Outra cousa que chama a atención deste disco son as letras de Mark Arm, que teñen por primeira vez unha certa temática social, criticando moito a política de George W. Bush.

[editar] Membros

[editar] Membros actuais

[editar] Antigos membros

[editar] Discografía

[editar] Ligazóns externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com