Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Dave Grohl - Wikipedia

Dave Grohl

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Música en progreso: Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Podes contribuir a que a Galipedia mellore e medre aportando os teus coñecementos, así como contribuíndo tamén noutros artigos relacionados que precisan ser ampliados.
Dave Grohl no Festival de Roskilde en 2005
Agrandado
Dave Grohl no Festival de Roskilde en 2005

Dave Eric Grohl (nacido o 14 de xaneiro de 1969 en Warren, Ohio) é un músico de rock. Foi o batería de Nirvana dende 1990 ata a disolución da banda en 1994 despois da morte de Kurt Cobain. No ano 1995 formaría Foo Fighters.

Grohl comezou a súa carreira musical nos anos 80 como batería de varias bandas da área de Washington D.C., a máis notable delas a banda de punk rock Scream.

Índice

[editar] Biografía

[editar] Infancia

Cando Grohl era aínda un neno, a súa familia (o pai James, a nai Virginia, e a irmá maior Lisa) mudouse de Ohio a Alexandria, Virxinia, un suburbio de Washington D.C.. Tres anos despois os seus pais divorciáronse, e Grohl medrou coa súa nai.

Aos doce anos Grohl comezou a tocar a guitarra. Comezou con clases, pero cansouse delas e pasou a tocar en bandas con amigos. Un ano despois, un verán que pasou na casa duns curmáns, Grohl comezou a interesarse polo punk rock. O seu curmán Tracy levouno a varios concertos durante ese verán, e Dave voltou a Alexandria reconvertido.

Durante os seguintes anos, Grohl tocou en varias bandas locais, entre elas unha chamada Freak Baby. Ao mesmo tempo estivo aprendendo a tocar a batería. Cando Freak Baby cambiou de formación decidíu ocupar o posto de batería e a banda pasou a chamarse Mission Impossible. Posteriormente uníuse a unha banda de hardcore/post-punk de nome Dain Bramage. Durante os seus anos de aprendizaxo como batería, Grohl citou a John Bonham como a súa maior influencia, e fíxose unha tatuaxe do logo dos tres círculos de Bonham na súa boneca.

[editar] Scream

Aos dazaseis anos Grohl uníuse á banda Scream, despois da marcha do seu batería Kent Stax. Pouco despois deixou os seus estudios para adicarse a tempo completo á batería. Durante os seguintes catro anos, Grohl fixo longas xiras coa banda, gravando moitos discos en directo e un en estudio, Fumble.

Mentres tocaba en Scream, Grohl convertíuse nun fan de The Melvins e trabou amizade coa banda. Durante unha parada da xira de 1990 na costa leste, Buzz Osborne (membro de The Melvins), foi con dous dos seus amigos, Kurt Cobain e Krist Novoselic , a ver a Scream.

[editar] Nirvana

Poucos meses despois, Scream separouse despois da saída do seu baixista, e Grohl recibíu unha chamada de Buzz Osborne. Sabendo que a Cobain e a Novoselic lles gustaba o xeito de tocar de Dave, Osborne deulle a Novoselic o seu teléfono. Novoselic invitou a Grohl a Seattle, onde Grohl asistíu a un concerto de Nirvana no Motor Sports Garage, o único concerto da banda con Dan Peters na batería. Posteriormente Grohl fixo unha audición e pouco despois uníuse a eles.

Cando Grohl uníuse a Nirvana, a banda tiña xa gravadas numerosas demos para o que sería a continuación do álbum de debut. Inicialmente, os plans eran editar o álbum pola Sub Pop, pero a banda recibíu grandes ofertas de selos importantes interesados nas demos. Grohl pasou os seus primeiros meses con Nirvana, percorrendo varias discográficas ata ao final asinar coa DGC Records. Na primavera de 1991, a banda entrou no estudio para gravar o álbum.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com