Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Mother Love Bone - Wikipedia

Mother Love Bone

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Mother Love Bone
{{{imaxe}}}
{{{lenda}}}{{{caption}}}
Orixe Seattle, Washington
País {{{país}}}
Período {{{período}}}
Xénero(s) {{{xénero}}}
Selo(s) discográfico(s) {{{selo}}}
Membros Andrew Wood
Stone Gossard
Jeff Ament
Bruce Fairweather
Greg Gilmore
Antigos membros {{{antigos_membros}}}
Web oficial {{{web}}}


Mother Love Bone foi unha das bandas precursoras do movemento grunge iniciado en Seattle a finais dos anos 80.

Tres ex-membros da tamén banda pioneira Green River (os guitarristas Stone Gossard e Bruce Fairweather e o baixista Jeff Ament) xuntáronse ao baterista Greg Gilmore e ao excéntrico vocalista Andrew Wood para formar a banda ao final dos anos 80. O son tocado por eles caracterizouse por ser unha mestura do peso do heavy-metal/hard-rock dos anos 70 (de bandas como Led Zeppelin, Deep Purple e Aerosmith) coa melodía e a enerxía punk da mesma época (de bandas como Stooges e MC5). Algúns anos máis tarde, o grunge coñeceríase en todo o mundo.

En 1989, lanzan un EP chamado Shine, pola discográfica Geffen. A banda comeza a ter certo éxito (máis no underground estadounidense) con Ament e Gossard amosándose excelentes músicos. Pero era a figura carismática de Wood a que chamaba máis a atención, sendo descrito varias veces como un "hippie dos días modernos", coas súas mensaxes de paz, amor e comprensión (sen esquecer as drogas, sexo e rock’n’roll).

Despois dun tempo na estrada, a banda volta ao estudo para gravar un álbum. Así, a principios de 1990, lanzan o Apple, pola Polydor Records. Pero pouco tempo antes do lanzamento dese disco (o 16 de marzo) Andrew Wood é atopado morto, vítima dunha sobredose de heroína. O disco, que ía ser uns dás apostas máis fortes de Geffen, acabaría saíndo sen apenas promoción; a pesar de todo acadou unha considerable aceptación, sendo tachada de obra mestra. Ó incrible magnetismo que desprendían as composicións e a poderosa personalidade de Wood serían claves na súa sona.

A finais dese fatídico ano, Stone Gossard e Jeff Ament deciden formar unha banda en homenaxe ao falecido compañeiro. Así xurdiu Temple of the Dog (nome tirado dun dos temas de Mother Love Bone, "Man of Golden Words"), que tiña tamén na súa formación aos membros de Soundgarden Chris Cornell e Matt Cameron (Chris vivira con Andrew durante algún tempo), e os descoñecidos Eddie Vedder e Mike McCready (que máis tarde formarían Pearl Jam ao lado de Gossard e Ament).

En 1992, é lanzado material póstumo de Mother Love Bone: un video chamado Love Bone Earth Affair e un disco chamado Stardog Champion.

[editar] Discografía

  • Apple - 1990 (Stardog/Mercury Records) Reeditado en 2003.
  • Stardog Champion - 1992 (Stardog/Mercury Records)
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com