Miso
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En xaponés, a palabra miso significa "fonte do sabor".
O miso é unha pasta aromatizante fermentada e moi sabrosa, feita con fabas de soia e/ou cereais e sal mariño. Considerouse durante séculos como un alimento curativo na China e o Xapón, e hoxe as investigacións modernas revelan que non se trabucan.
Contén enzimas vivas que axudan á dixestión e suministran un equilibrio nutritivo de carbohidratos naturais, aceites esenciais, vitaminas, minerais e proteínas. Como boa fonte de proteínas e vitamina B, tamén axuda a limpar o corpo das radiacións e da nicotina. O miso sen pasteurizar pode reconstruir a flora intestinal que fose destrozada por dietas de alto contido en carnes, azucre, productos químicos e antibióticos.
Na elaboración dun miso de primeira calidade, a soxa orgánica é inoculada cun cultivo e incubase durante setenta e dúas horas.