Maghreb
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Maghrebe ou Magrebe, identificado xeralmente coa África do Norte, engloba a rexión deste continente por riba do deserto do Sahara. Na época do imperio romano, era coñecido como África menor. A palabra provén do vocábulo árabe Mahrib que significa "lugar do pór do sol" ou sexa, a rexión que, na altura en que o vocábulo terá nacido, estaba máis a occidente do mundo islámico, opondose ao Iemen, que significa "dereita".
Ao longo do mar Mediterráneo, inclui, hoxe en dia, Marrocos, Arxelia e Tunicia. Algunhas veces, ao incluirse Mauritania e mais Libia, tamén se chama Maghreb ao que, para ser máis específico, se designa por Grande Maghreb.
[editar] Xeografía física
O Maghreb está limitado polo Mar Mediterráneo a norte, polo Océano Atlántico a oeste, polo Golfo de Gabes a leste e polo deserto do Sahara a sur. A grande cordilleira do Atlas, coas suas ramificacións separadas por planaltos con preto de 1000 metros de altitude, extendese na súa parte occidental. É unha zona de clima mediterráneo, con precipitacións escasas, salvo en zonas montañosas viradas para a zona litoral. Aliás, sen as condicións proporcionadas polo mediterráneo (clima, agricultura, transportes) dificilmente se imaxinarian as zonas máis poboadas: Orán, Bona, Alxer e as planicies do Gharb e do Sahel.
[editar] Xeografía humana
Os habitantes do Maghreb son basicamente, árabes e berberes.
[editar] Ver Tamén
- Ibn Khaldun - Historiador desta rexión no século XIV