Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Leitmotiv - Wikipedia

Leitmotiv

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Un leitmotif ou leitmotiv ("motivo condutor" en alemán) é un termo que designa un tema musical asociado nunha obra cun obxecto, personaxe ou emoción determinados. Este termo tense extendido para designar calquer tipo de tema recorrente, sexa na música, na ficción ou mesmo na vida real.

[editar] Na música

Para os estudosos da música, o leitmotif é o motivo ou tema que se repite con frecuencia nunha obra musical asociado a determinados personaxes ou situacións, e que axuda a caracterizalos.

Un leitmotif consiste habitualmente nunha melodía breve, que pode ser tamén unha progresión de acordes ou mesmo un ritmo simple. Os leitmotifs contribúen á unidade e coherencia da obra e permítenlle ao compositor a posibilidade de narrar unha historia sen utilizar palabras ou acrescentar un nível de significación adicional.

O termo emprégase habitualmente en relación coas obras dramáticas, nomeadamente as óperas, ainda que tamén se utilice noutros xéneros musicais como as pezas instrumentais, o cinema e mesmo os videoxogos. A Sinfonía Fantástica de Héctor Berlioz, por exemplo, é puramente instrumental, mais ten unha melodía recorrente (que Berlioz denominaba "idea fixa") que representa o amor da personaxe central. Existe certa semellanza co que Beethoven chamaba "temas lema", como a melodía que representa o destino na súa Quinta Sinfonía.

Mais é con Richard Wagner sobretodo con quen se asocian os leitmotifs. No ciclo de catro óperas O anel dos nibelungos usa ducias deles, que representan personaxes, cousas ou situacións; se ben algúns aparecen en só unha das óperas, outros repítense en todo o ciclo. Carl Maria von Weber, antes que el, foi o primeiro en facer un uso extensivo dos leitmotifs. Con efeito, o termo leitmotif apareceu por primeira vez en 1871 cando o crítico F.W. Jähns o utilizou para descreber a súa obra. H. von Wolzogen, editor da Bayreuther Blätter aplicoullo á música de Wagner en 1887 ao tratar do que Wagner chamaba Grundthema ("idea básica").

Con posterioridade son moitos os compositores que teñen recorrido aos leitmotifs, como Richard Strauss, que o usou en moitas da súas óperas e en varios dos seus poemas sinfónicos ou Sergei Prokofiev, que representou cada personaxe de Pedro e o lobo cun instrumento musical concreto e tamén cun tema melódico.

Nos videoxogos menciónase ao compositor Nobuo Uematsu e ás súas bandas sonoras para Final Fantasy. No cinema son célebres Érase unha vez no Oeste (Once Upon a Time in the West) de Sergio Leone ou a "Marcha Imperial da Guerra das Galaxias", asociada a Darth Vader e ao seu ser anterior, Anakin Skywalker en tres das películas da saga A Guerra das Galaxias. Na televisión o exemplo máis famoso é o "Tema de Laura Palmer" de Angelo Badalamenti para a serie "Twin Peaks".

[editar] Na literatura

En crítica literaria, o leitmotif é aquel motivo que se reitera ó longo dun texto. O termo foi introducido por Thomas Mann. Ademáis deste sentido tamén se utiliza ás veces para referirse aos temas favoritos dun autor, como por exemplo, o home perseguido e a traizón nas novelas de Graham Greene. Na novela A Esmorga de Eduardo Blanco Amor, a chuvia é un leitmotiv.

[editar] Ver tamén

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com