José María Calatrava
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
José María Calatrava, (Mérida, 1781 - Madrid, 1846). Político e xurista español.
Participou en contra da ocupación francesa dende a Xunta Suprema de Estremadura, onde foi elexido deputado en 1810 e participou nas Cortes de Cádiz. Tras a restauración absolutista foi preso e encarcelado en Melilla, até que foi liberado pola chegada dos liberais ao poder, sendo nomeado Maxistrado do Tribunal Supremo, e dende 1822 até 1823, Ministro de Xustiza. Ao fin do Trienio liberal tivo que exiliarse a Inglaterra xunto co seu irmán Ramón María Calatrava. Coa morte de Fernando VII e a chegada á rexencia de María Cristina regresa a España, onde tras o Motín da Granja de San Ildefonso, é nomeado Presidente do Consello de Ministros, encargandolle a carteira de Facenda a Mendizábal para que completara a reforma da facenda pública.
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Francisco Javier de Istúriz |
José María Calatrava (1836-1837) |
Precede a: Baldomero Espartero |
Presidente do Goberno de España |