Enlace de hidróxeno
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Prodúcese un enlace de hidróxeno ou ponte de hidróxeno cando un átomo de hidróxeno se atopa entre dous átomos máis electronegativos, establecendo un vínculo entre eles. O átomo de hidróxeno ten unha carga parcial positiva, polo que atrae á densidade electrónica dun átomo próximo no espazo.
O enlace de hidróxeno é pouco enerxético fronte ao enlace covalente corrente, pero a súa consideración é fundamental para a explicación de procesos como a solvatación ou o pregamento de proteínas.
Diferentes dadores de hidróxeno para formar enlaces de hidróxeno son:
- o grupo hidroxilo (OH)
- o grupo amino (NH)
- un hidrocarburo (CH) (no caso dos hidrocarburos, o enlace de hidróxeno é excepcionalmente feble, pola baixa electronegatividade do carbono)
Diferentes dadores de electróns para formar enlaces de hidróxeno son:
- pares electrónicos solitarios de osíxeno, xofre nitróxeno, halóxenos...