Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Droga - Wikipedia

Droga

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Un surtido de drogas
Agrandado
Un surtido de drogas

Droga é un termo xeral polo que se designa así calquera substancia con capacidade de alterar un proceso biolóxico ou químico nun organismo vivo, cun propósito determinado, como por exemplo combater unha enfermidade, aumentar a resistenza física, ou modificar a resposta inmunolóxica. O cerebro é a zona máis sensíbel aos efectos das drogas.

Xeneralmente o termo droga utilízase para se referir ás de uso ilegal, en cambio para as de uso médico acostúmase preferir o termo fármaco.

Índice

[editar] Drogas medicinais (para o tratamento de enfermidades)

O concepto farmacolóxico e médico da palabra droga é calquera substancia química capaz de modificar o funcionamento dun ser vivo. Este concepto refírese a que a modificación pode ser prexudicial ou beneficiosa para o ser vivo, e que depende do tempo de administración e da dose. Paracelso, pai da farmacoloxía, en 1500 dixo que todas as substancias son venenos, a diferenza dun veneno cun medicamento é a dose, é dicir que un medicamento administrado en dose e durante un tempo inadecuado tórnase nun factor prexudicial que pode chegar até a morte. Un medicamento diferénciase dunha droga en que é usada para o diagnóstico, prevención ou tratamento das enfermidade es e aseméllase a unha droga en que tamén é unha substancia química capaz de modificar o funcionamento dun ser vivo.

[editar] Drogas de uso recreacional ou drogas de abuso

As drogas de abuso son substancias de orixe natural ou sintético con efectos sobre o sistema nervioso central, utilizada con fins extraterapéuticos.

O que unha substancia sexa definida como droga decídese por elementos socioculturais máis que polas súas características farmacolóxicas. As substancias clasificadas como drogas sono porque a sociedade as codificou culturalmente como tales entrando, ademais, en contacto con elas e usándoas precisamente para conseguir os efectos que se agardan delas. A investigación farmacolóxica e bioquímica, mostrando as propiedades e os efectos de determinadas substancias sobre o organismo, pode sinalar cales son drogas teóricas ou potenciais. Mais para que as ditas substancias adquiran o status de drogas han de ser codificadas culturalmente como tales.

Para que unha substancia poida ser considerada como droga, é preciso que teña provocado nalgún dos seus usuarios un síndrome de dependencia, percibido como tal polo propio usuario, polos do seu contorno ou pola sociedade. A aparición dun síndrome de dependencia depende das propiedades farmacolóxicas da substancia ao interactuar cun organismo vivo.

As drogas de abuso acostuman ser substancias psicotropas e estupefacientes.

Entre as drogas de abuso máis coñecidas podemos sinalar as seguintes:

  • Alcol
  • Alucinóxenos
  • Cafeína
  • Cocaína
  • Crack
  • Esteroides anabólicos
  • Heroína
  • Inhalantes
  • Marihuana
  • MDMA ou éxtase
  • Metanfetamina
  • Metilfenidato
  • Nicotina
  • Opioides

[editar] Drogas intelixentes - Smart Drugs - Nootrópicos

Hai fármacos, alimentos e suplementos nutricionais que axudan a mellorar o rendemento intelectual e a saúde. Son as smart drugs, as drogas intelixentes, denominación baixo a que se engloba unha gran cantidade de produtos con certas características comúns: aumentan o rendemento, non son aditivos, carecen practicamente de efectos adversos e poden adquirirse máis ou menos facilmente en diversos establecementos.

"Drogas intelixentes" é tradución do termo inglés "smart drugs". É tamén frecuente o uso de "nootrópicos", que procede do grego noús (mente) e trópos (movemento), dando a entender que se trata de substancias cuxo obxectivo é actuar sobre as capacidades cognitivas.

[editar] Historia das drogas

Desde as primeiras civilizacións como a asiria até o século XXI, o ser humano consumiu todo tipo de drogas por diferentes motivos, como relixiosos, rituais, medicinais, hábito ou costume, distracción ou hedonismo.

Na cultura occidental a droga considérase un tema tabú (excepto o alcol, que é máis aceptado socialmente).

[editar] Prevención das drogas

Consellos e pasos a tomar no mundo de pais e fillos, para educar e previr o consumo das drogas: A prevención no campo das drogas nos fillos e na xuventude é importantísimo para evitar o chegar demasiado lonxe.

A droga quizá constitúa un problema na nosa época, mais habería que estudar, desde unha perspectiva sociohistórica, os orixes do problema, se realmente existe ou é unha invención, e a quen interesa a súa existencia. Só así coñeceremos a solución. Para este fin, é recomendábel, ademais do libro de Escohotado, "Historia de las drogas" (ISBN 8423997391), a páxiña web Mundo antiprohibicionista (*Mundo antiprohibicionista), e este artigo sobre as campañas anti-droga (*Campañas anti-droga)

[editar] Bibliografía

  • Escohotado, Antonio: Historia Xeneral das Drogas (incluíndo o apéndice Fenomenoloxía das Drogas). Espasa Calpe Mexicana, S.A. (Agosto, 1999), 1542 páxiñas, ISBN 8423997391
  • Gahlinger, Paul M.: Illegal Drugs: A Complete Guide to Their History, Chemistry, Use and Abuse. Sagebrush Press (UT) (Outubro, 2001), 480 páxinas, ISBN 0970313012
  • Porter, Roi & Teich, Mikul`s: Drugs and Narcotics in History. Cambridge University Press (Marzo 28, 1997), 239 páxinas. ISBN 052158597X
  • Ruiz Franco, Juan Carlos: "Drogas Intelixentes". Editorial Paidotribo (Xaneiro, 2005), 261 páxinas, ISBN 8480198222

[editar] Véxase tamén

  • Antidopaxe
  • Substancias Tóxicas Vexetais
  • Comunidade terapéutica
  • Fármaco.
  • Farmacoloxía.
  • Medicamento.
  • Veneno.

[editar] Ligazóns Externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com