Copyleft
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O copyleft é un conxunto de licenzas polas cales o autor renuncia ós seus dereitos, en favor da libre distribución da súa idea ou invención.
Co copyleft pódese empregar, estudar, copiar, modificar e distribuír unha obra (de arte, un software, etc...) coa única restrición de volver deixar a obra co copyleft.
O copyleft foi ideado por Richard Stallman en 1984. Pódese dicir que o copyleft é todo o contrario có copyright, non só nas propias definicións, senón tamén no propio termo, que en inglés supón un humorístico e logrado xogo de palabras que, traducido, vén sendo algo como "esquerdos de autor", por contraposición a "dereitos de autor", ou copyright; ademais, left tamén é o participio pasivo do verbo to leave, que amais de traducirse por "deixar" tamén pode interpretarse como "ceder": copyleft sería "cesión de copia".
A páxina oficial do copyleft aínda non está en galego, pero a páxina oficial en inglés é esta: http://www.gnu.org/copyleft/