Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Carlos María Isidro de Borbón - Wikipedia

Carlos María Isidro de Borbón

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Carlos María Isidro de Borbón
Agrandado
Carlos María Isidro de Borbón

Carlos María Isidro Benito de Borbón. Infante de España (1788 - 1855) foi o segundo fillo dor rei Carlos IV de España e de María Luísa de Parma. Foi o primeiro pretendente carlista ao trono de España co nome de Carlos V de España.
Carlos naceu o 29 de marzo de 1788 no Palacio Real de Madrid. Entre 1808 e 1814 viviu prisioneiro de Napoleón en Valençay cos seus irmáns.
En 1814 voltou co resto da familia real a Madrid e xurou a constitución de 1812. En setembro de 1816 casou coa súa sobriña a infanta María Francisca de Portugal, filla do rei Xoán VI de Portugal e de Carlota Xoaquina, irmá de Carlos. A parella tivo tres fillos: Carlos Luís (1818-1861), Xoán (1822-1887) e Fernando (1824-1861).
Carlos era unha persoa moi relixiosa, que cría no dereito divino da monarquía e na sucesión lexítima, polo que a pesar dos intentos dos seus partidarios de tomar as armas contra o seu irmán, sempre lle foi fiel.

[editar] Pragmática Sanción

En maio de 1830 Fernando VII publicou a Pragmática Sanción que permitía ás mulleres suceder ao trono español, ao igual que os seus fillos. O decreto fora orixinalmente aprobado polas Cortes en 1789 pero nunca se promulgara oficialmente. Ata entón Carlos fora o herdeiro do seu irmán. O 10 de outubro de 1830 a muller de Fernando deulle unha filla, que levou o nome de Isabel e desprazou ao seu tío da liña de sucesión. Os apóstolicos continuaron a apoiar os dereitos de Carlos ao trono, ao considerar a Pragmática Sanción ilegal e intrigaron a favor de Carlos. En marzo de 1833 Fernando suxeriu a Carlos que se trasladase a Portugal coa súa familia. En abril de 1833, Fernando chamou a Carlos a xurar fidelidade a Isabel como Princesa de Asturias, o que Carlos rexeitou a recoñecela e a renunciar aos seus dereitos á coroa ao que Fernando VII reaccionou prohibíndolle voltar a España.

[editar] Carlos V

Tras a morte de Fernando VII o 29 de setembro de 1833, Carlos emitiu o manifesto de Abrantes o 1 de outubro no que declaraba a súa ascensión ao trono co nome de Carlos V e deu comezo á Primeira Guerra Carlista. En maio de 1834, tras a derrota dos miguelistas na guerra civil portuguesa, Carlos marchou para Inglaterra`pese ás protestas das autoridades españolas, onde chegou o 18 de xuño, pero axiña trasladouse a Francia para entrar en España pola fronteira de Navarra o 9 de xullo. En outubro de 1834 un decreto privouno dos seus dereitos como Infante de España e que foi confirmado polas Cortes en 1847.
Carlos permaneceu en España durante cinco anos e mantivo unha corte itinerante, acompañando ao seu exército, pero sen amosar dotes militares. No verán de 1837 dirixiu a coñecida como Expedicón Real, na que á fronte de gran parte dos seus homes marchou por Cataluña e o Maestrazgo ata chegar ás portas de Madrid, pero non se decidiron a atacala e retiráronse acosados por Baldomero Espartero, tras a expedición Carlos emprendeu unha purga entre os seus principais colaboradores.
En outubro de 1837, logo da morte da súa primeira muller, casou coa súa sobriña María Teresa e en xuño de 1838 nomeou a Rafael Maroto como comandante en xefe, que se dedicou a reorganizar o exército, pero que afrontou escasas accións bélicas. En febreiro de 1839 mandou fusilar a tres xenerais diante a sospeita que estiveran organizando un complot contra el e esixiu a Carlos a destitución de todos os seus opoñentes, Carlos destituiuno o 21 de febreiro e declarouno traidor, aínda que o 25 de febreiro recuou e accedeu ás súas peticións. Maroto comezou negociacións secretas cos isabelinos que remataron en 1839 coa sinatura do Convenio de Oñate, tamén coñecido como abrazo de Vergara.
O 14 de setembro de 1839 cruzou a fronteira francesa e o goberno frances decidiu instalalo en Bourges coa súa muller e fillo, alí o 18 de maio de 1845 abdicou no seu fillo Carlos Luís, que adoptou o título de Carlos VI

[editar] Conde de Molina

Tras a súa abdicación usou o título de conde de Molina e o 10 de marzo de 1855 morreu en Trieste, entón parte do Imperio Austríaco

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com