Aida
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Onomástica
Nome de orixe árabe que significa "extraída de". O seu santo é o 2 de febreiro.
[editar] Música
Ópera en catro actos do italiano Giuseppe Verdi. Estreouse na Ópera do Cairo o 24 de decembro de 1871 co gallo da inauguración do Canal de Suez. O libreto escribiuno Antonio Ghislanzoni partindo da obra de Auguste Mariette. Está ambientada en Menfis e en Tebas na época dos faraóns. Os principais personaxes son: faraón de Exipto (baixo), a súa filla Amneris (mezzosoprano), Aída, a escrava filla do rei etíope Amonastro (soprano), Radamés, xeneral exipcio (tenor), Ramphis, sumo sacerdote (baixo), Amonastro, rei de Etiopía e pai de Aída (barítono). É unha ópera da etapa final de Verdi, na que as diferenzas entre recitativos e arias vanse diluíndo, o que dalgún xeito o aproximará a Wagner.