Wikipedia:Administradores
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Na Wikipedia calquera pode editar un artigo. Malia iso, hai algunhas accións e labores de mantemento reservadas a unha clase especial de usuarios, coñecidos como administradores.
Os administradores poden:
- Borrar páxinas e imaxes
- Ver e restaurar páxinas ou imaxes borradas
- Bloquear e desbloquear IP de usuarios anónimos
- Bloquear e desbloquear usuarios rexistrados
- Protexer ou bloquear unha páxina
- Editar páxinas protexidas ou bloquealas
- Reverter páxinas rapidamente
- Editar o espazo de nomes de MediaWiki
Por suposto, os administradores tan só poder facer uso das súas funcións seguindo as políticas e normas da Wikipedia.