Admeto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Admeto, personaxe mitolóxico grego, rei de Feres (Tesalia). Participou na expedición dos argonautas.
Tivo a Apolo como gardián dos seus rabaños. Namorado de Alcestes, grazas a Apolo, superou a proba que seu pai impuxera aos seus pretendentes: montar nun carro levado baixo o mesmo xugo por un xabarín e un león. No día da voda Admeto esqueceu dar un sacrifio en honra de Ártemis, esta anoxada encheu o cuarto nupcial de serpes, para evitar a morte de Admeto, Alcestes ofreceuse a morrer no canto de seu home. Hércules, antigo compañeiro de Admeto na expedición dos argonautas, baixou aos infernos e devolveulla a Admeto.