Alcestes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alcestes, personaxe da mitoloxía grega, era filla de Pelías e dona de Admeto. Muller belida e piadosa, só casaría con aquel heroe que conseguira xunguir leóns e xabaríns ó seu carro, tan só Admeto o conseguiu, pero estaba anunciado que Admeto había de morrer xa que o día da voda esquencera facer un sacrificio a Artemis e os noivos atoparon serpes na cama nupcial, Alcestes ofreceu o seu sacrificio para salvar a Admeto e Hércules entrou nos infernos para a salvar.
A historia foi popularizada na traxedia de Eurípides, Alcestes.