Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ártemis - Wikipedia

Ártemis

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A Ártemis de Versalles, copia romana da escultura en mármore de Leocares, actualmente no museo do Louvre.
Agrandado
A Ártemis de Versalles, copia romana da escultura en mármore de Leocares, actualmente no museo do Louvre.

Na mitoloxía grega, Ártemis éra a deusa da caza e das bestas salvaxes. É a irmá xemelga de Apolo e filla de Leto e Zeus. Posteriormente, chegouse a identificar con Hécate, a deusa dos mortos, que recibe como sacrificio humano a Ifixenia, filla de Agamenón. Este, antes de partir a Troia, ten que ofrecer á súa propia filla en sacrificio á deusa para que os ventos que lle impiden saír da cidade de Micenas cesen. Isto conlevará o odio da súa esposa Clitemnestra que, á volta da guerra, dará morte ó seu marido coa axuda do seu amante Existo. Do mesmo xeito, tamén se asimilou a Selene, deusa da Lúa, que bica pola noite ó pastor Endimión, castigado por Xuno a durmir trinta anos. O templo máis importante da deusa estaba na cidade xonia de Éfeso, considerado unha das sete marabillas da Antigüidade, foi construído no ano 356 a.C. cun impoñente tamaño e unha profusa decoración helenística. Asemade, foi destruído no ano 262 d.C. polos godos. As lendas máis importantes nas que participa de forma activa a deusa son as seguintes:

O castigo de Níobe. Níobe era filla de Tántalo e tivo seis fillos e seis fillas, mentres que Leto tivera tan só dous: Apolo e Ártemis. Entón a mortal comezouse a mofar da "escasa" fertilidade da deusa e, ante este ultraxe, os dous xemelgos responderon cunha cruel matanza, acabando Apolo cos seis fillos e Ártemis coas seis fillas, aínda que fontes máis tardías asguran que a deusa salvou a unha das rapazas de Níobe converténdoa en sacerdotisa para o seu templo.

O príncipe Acteón. Certo día, a deusa Ártemis estaba a se bañar nun río totalmente espida. Entón, Acteón, que estaba cazando e se achegara ó escoitar uns ruídos, apartou as pólas que cubrían á deusa, véndoa totalmente espida. Ela, moi enoxada, rociouno con auga e converteuno nun cervo que, de seguido foi perseguido e morto polos seus propios cans de caza. Deste episodio, danos boa conta Ovidio nas Metamorfoses.

A deusa sóese representar armada con alxaba, arco e frechas, que comparte co seu irmán Apolo. Tamén é protectora da virxinidade e castidade femininas, as cais protexeu contra o cazador Orión do que a deusa se namorou mandándolle un escorpión para que o matara unha vez que este a intentara violar. Como deusa, pode chamar a atención a súa falta de piedade que, nun primeiro momento, salta á vista. Tamén se considerou a fundadora e deusa principal para a lendaria tribo das Amazonas que, como a deusa, dedicábanse á caza e á loita. Pero esta falta de bondade ou piedade non é tan evidente en realidade, pois tamén proporcionaba unha doce morte ás mulleres no parto cando as cousas se complicaban. En Roma, asimilouse a Diana, coa que compartía multitude de semellanzas e, unha vez inserida nesta civilización, tamén se lle atribúen novos mitos, destacando a súa participación na obra cumio de Virxilio, a Eneida, onde en todo momento axuda e defende á amazona Camila, a cal, unha vez morta por Arrunte, é vingada pola deusa. En Roma, construíuselle un templo no Aventino e a súa festa celebrábase nos idus de agosto, isto é, o día trece.

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com