Xilófono
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Instrumento de percusión , idiófono, formado por láminas de madeira, normalmente de Pao Rosa ou Pao Santo (madeiras moi apreciadas e custosas). Estas láminas están dispostas de maneira cromática e soan ao ser golpeadas por baquetas. Os xilófonos caracterízanse por ser de tamaño pequeno. Existe unha variedade de xilófono chamada :xilo-marimba, con características que se atopan entre as dos dous instrumentos.