USB
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Siglas de Universal Serial Bus (bus serie universal). Sistema de conexión de periféricos ó ordenador. Permite a conexión de ata 127 disposivos simultaneamente que se poden conectar e desconectar co ordenador encendido e sen precisar reniciar o sistema. A versión 1.1 permite velocidades de transmisión de datos de ata 12 Mb/s mentres ca máis nova USB 2.0 permite velocidades de ata 480 Mb/s. Foi deseñado principalmente por Intel.