Tratado de Lisboa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
No Tratado de Lisboa, tamén coñecido como Tratado de Lindes de Lisboa, asinado o 29 de setembro de 1864, tratáronse os lindes das fronteiras entre España e Portugal actualmente vixentes. Neste tratado firmouse a desaparición do Couto Mixto, que quedou integrado en España a cambio dos "Pobos Promiscuos" (aldeas nas que parte das súas casas estaban situadas na antiga liña fronteiriza hispano-portuguesa servindo de burladeiro aos seus moradores perante as autoridades gobernativas e alfandegarias de ámbolos dous países, ao non estar clara a súa pertenza exclusiva a un deles) de Cambeo, Souteliño e Lama de Arcos, que se cederían a Portugal. O tratado foi ratificado por España e Portugal en 1865. O documento de entrega e posesión formalizóuse en Santiago o 23 de xuño de 1868. A vixencia do tratado comezou o 5 de novembro de 1868.