Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Couto Mixto - Wikipedia

Couto Mixto

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Coñecíase como Couto Mixto (Couto Misto en portugués) a un antigo territorio autonómo que se asentaba entre os actuais concellos de Calvos de Randín e Baltar, ao sur da provincia de Ourense. Ata o Tratado de Lisboa de 1868 cada veciño elexía libremente a nacionalidade española ou portuguesa.

O Couto Mixto estaba constituído polos lugares actuais de Santiago, Rubiás e Meaus, tendo unha superficie aproximada de 27 km2. Na actualidade o lugar de Santiago e Rubiás pertencen ó Concello de Calvos de Randín, mentres o de Meaus pertence a Baltar. A poboación, en opinión de Madoz no ano 1845, podía cifrarse en 200 veciños, equivalentes a uns 800-900 habitantes.

Aínda que historicamente non existen documentos que acrediten a orixe da institución (disque foi queimada polo exército do mariscal Soult en 1809), sábese que o Couto naceu ligado ó Castelo da Piconha, vinculado co tempo á Casa de Bragança, na Baixa Idade Media (século XII). En 1518, por causa dos enfrontamentos entre as xentes de Barroso e Randín, os habitantees do Couto procuraron o apoio no Conde de Lemos, que se mantería até o fin do Couto.

En 1819 asinouse, no atrio da Igrexa de Santiago, un documento no que se recoñecían os privilexios do Couto e se ligaba á Casa de Bragança e á diócese de Ourense. En 1951 formouse a Comisión Mixta que tería que dirimir os limites entre os dous estados. En 1864 asínase o Tratado de Límites e España entrega a Portugal os tres Pobos Promíscuos (Soutelinho da Raia, Lama de Arcos e Tourém) a cambio dos que constituían o Couto Mixto. Na acta final de fixación de fronteira, asinada en 1906, recoñécense terreos de pasto mixto, entre os marcos 130 e 137, de aproveitamento común.

A orixinalidade deste enclave foi a de manter a súa propia organización, desvencellada das coroas portuguesa e española.

Entre os dereitos e privilexios máis representativos sinálanse o de asilo (para os fuxidos da xustiza hispana e lusa), o de non dar soldados, a exención de impostos, a liberdade de comercio, (como o sal, produto estanco ata 1868), liberdade de cultivos como o tabaco e outros máis. Para exercitar ditos privilexios, no tocante ó comercial, dispuñan dun camiño inmune a acción dos gardas da fronteira. Este camiño comunicaba o Couto coa vila portuguesa de Tourém, atravesando terras galegas de Randín nun percorrido duns seis quilómetros.

O arquivo e os selos do Couto Mixto gardábanse nunha arca de madeira custodiada na Igrexa de Santiago. Fechábase con tres chaves, gardada cada unha por un dos tres Povos e das cais o xuiz gardaba unha. Para abrila debíanse reunir doce homes máis os tres gardiáns das chaves, un total de cinco por pobo. A arca actual, restaurada, conserva desde 1989 documentación referente á recoperación da memoria e mantense a tradición das trese chaves.

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com