Sidney, Australia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En galego: Sidney, en inglés: Sydney, en portugués: Sydney, en francés: Sydney.
Sydney (ou Sídney) é a cidade máis grande e antiga de Australia.
[editar] Orixe etimolóxica
A cidade foi fundada en 1788 bautizándoa en honra de Thomas Townshend, Lord Sydney, daquela ministro interior británico, de quen recibe o seu nome.
[editar] Outros datos de interese
A cidade ten aproximadamente catro millóns de habitantes. A maioría é de orixe británica ou irlandesa. Moitos asiáticos viven tamén nesta cidade, en particular no barrio chinés. Sydney non é a capital de Australia, pero é a capital de Nova Gales do Sur.
A baía de Botany (en Sydney) foi o lugar onde aportaron os primeiros barcos europeos en 1788. Antigamente era unha colonia penitenciaria británica.
Sydney ten a Ópera de Sidney, que é unha das obras máis famosas da arquitectura contemporánea. A ponte do porto é moi coñecida tamén; ten un só arco de 500 metros de longo.
Cada verán repítense os incendios forestais nos parques nacionais que están cerca da cidade.