Psicoloxía social
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A psicoloxía social xurdiu para establecer unha ponte entre a psicoloxía e a socioloxía. O seu obxecto de estudo é o comportamento dos individuos cando están en interacción.
A psicoloxía Social pode ser definida como o condicionamento que os procesos mentais impoñen á vida social do home, ao mesmo tempo que as diversas formas da convivencia social inflúen na manifestación concreta dos mesmos.
En 1895, o científico social francés Gustave Le Bon (1841-1931) presentou, no seu pioneiro traballo sobre a Psicoloxía das Multitudes, a proposición básica para o entendemento dunha psicoloxía social: Sexan cales forem os individuos que compoñen un grupo, por semellantes ou desemellantes que sexan, o seu modo de vida, as súas ocupacións, o seu carácter ou a súa intelixencia, o feito de teren sido transformados nun grupo, fainos posuidores dunha especie de mente colectiva que os fai sentir, pensar e actuar de maneira moi diferente daquela pola cal cada membro del, tomado individualmente, sentiría, pensaría e actuaría, en caso de que se encontrase en estado de illamento. Esa proposición e os argumentos de Le Bon para xustificala, serviu de parámetro para o estudo sobre Psicoloxía de Grupo publicado por Sigmund Freud en 1921.