Pompeo Batoni
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pompeo Girolamo Batoni (Lucca 1708 - Roma 1787) foi un pintor italiano.
Aprendeu co seu pai, ourive, e en 1728 marcha a Roma e alí estuda a esculuta antiga, durante un tempo foi discípulo de Sebastiano Conca, pero principalmente foi un autodidacta. Foi un dos primeiros en reaccionar contra o estilo rococó e manierista da época, inspirándose na antigüídade, nos pintores clásicos franceses como Nicolas Poussin e en Rafael, o que o converte nun dos precursores do Neoclasicismo.
Foi un retratista buscado polos viaxeiros británicos de paso en Roma para que os retratase, o que explica que numerosas pinturas súas estean en Gran Bretaña, é tamén coñecido polos seus retratos de reis e Papas. Foi o conservador das coleccións pictóricas do Papa e a súa casa converteuse nun centro intelectural, artístico e social importante na Roma da época.