Polinesia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Polinesia -do grego moitas (πολυ, poli) illas (νησα, nisa)- é un conxunto de illas que fican no leste e sur do Océano Pacífico. Son basicamente: Illas Cook, Illa de Pascua, Pitcairn, Samoa, Tahití, Tuvalu e Hawaii.
Tradicionalmente a Polinesia forma un triángulo, con esquinas en Hawaii, Nova Celandia e a illa de Pascua. As illas Samoa, Tonga e a Polinesia francesa constitúen os outros principais grupos de illas. As Kiribati, nas que a xente é calificada de micronesios, esténdense igualmente ata a Polinesia (illas da Liña).
Os Polinesianos falan linguas austronesias, coñecidas coma linguas malaio-Polinesias. Culturalmente, a Polinesia divídese en dúas partes distintas: a Polinesia do leste e a Polinesia do oeste.
A Polinesia tradicional comprende unha serie de arquipélagos e illas:
- Illa de Hawaii (EEUU)
- Illa Fénix e Line (Kiribati)
- Arquipiélago de Tokelau
- Illa de Tonga (Tonga)
- Illas Cook (Nova Celandia)
- Illa Tubuai (Polinesia Francesa)
- Illa Tuamotu (Polinesia Francesa)
- Illas Illas Marquesas (Polinesia Francesa)
- Illa Tuvalu (Tuvalu)
- Illa de Pascua e dependencias (Chile)
- Illa Wallis e Futuna (Francia)
- Samoa (independente e Samoa Americana, EEUU)
- Niue (Nova Celandia)
- Rapa (Polinesia Francesa)
- Îlots de Bass (Polinesia Francesa)
- Illas Pitcairn e dependencias (Reino Unido)
- Illa de Tahití (Polinesia Francesa)