Paz armada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tras a guerra franco-prusiana, ningún conflicto grave turbou a paz de Europa Central e Occidental. Nembargantes, aglutinábanse unha serie de factores para que as potencias iniciaran unha vertixinosa carreira armamentística:
- Aparición de dous novos estados grandes: Alemaña e Italia.
- Antagonismos creados durante a expansión colonial.
- Os nacionalismos románticos.
- A guerra económica nun ambiente liberal, sobre todo entre Alemaña e Inglaterra.
- O proselitismo panserbio nos Balcáns e a pugna entre Austria-Hungría e Rusia pola hexemonía alí.
Todo iso creaba un ambiente belicista, que obrigou ás potencias a incrementa-los exércitos e buscar alianzas para previr agresións. Así, constituiríanse a Triple Alianza (1882) e a Triple Entente (1907).