Triple Alianza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bismarck, trala victoria na guerra franco-prusiana, coñecía ben as intencións dos franceses de recuperar Alsacia e Lorena, polo que orientou a súa política de alianzas cara aillar a Francia.
Alemaña pois, reafirmou a súa alianza co Imperio Austrohúngaro, recelosos de Rusia (aliada de Francia), tralo Tratado de Berlín (1878), polo que Austria-Hungría pasaba a te-la hexemonía nos Balcanes. Buscou Alemaña despois a aproximación a Italia, resentida con Francia, ó ocupar esta Túnez fronte as aspiracións italianas.
Así, en 1882, quedou constituida a Triple Alianza entre Alemaña, Austria-Hungría e Italia. Esta alianza, nembargantes, tiña un punto flaco: a hostilidade de Italia contra Austria-Hungría, debida ós italianos irredentos de Trento, Trieste, Istria e Dalmacia.