Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Paralelismo - Wikipedia

Paralelismo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Literatura en progreso: Este artigo relacionado coa literatura é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel ou noutros relacionados e contribúe cos teus coñecementos a que a Galipedia medre e mellore.


Na lírica, o paralelismo é unha figura estilística consistente en estruturar unha composición en varios conxuntos seguindo o mesmo esquema. Lógrase coa repetición de estruturas formais e/ou semánticas. É o esquema típico da cantiga peninsular. Baséase nunha máxima repetición cunha mínima información que se amplía e matiza coa variación.

Na lírica galego-portuguesa medieval o paralelismo desenvolvíase facendo que os versos da primeira cobra (aquilo que non é refrán dentro da estrofa) fosen semellantes ós da segunda cobra; e así sucesivamente, agrupando as estrofas de dúas en dúas.

Índice

[editar] Sistemas de repetición

O principal é o refrán.

  • Repetición literal ou verbal, repetición de palabras
  • Repetición estrutural, repetición sintáctica e rítmica
  • Repetición semántica, repetición de ideas ou conceitos.

[editar] Tipos de paralelismo

Paralelismo imperfecto
En cada par de estrofas, a segunda repete o contido da primeira con leves variacións, se ben estes pares non están relacionados entre si. O esquema seguido é abR-a'b'R/cdR-c'd'R.
Paralelismo perfecto
En cada par de estrofas, a segunda repete o contido da primeira con leves variacións e, ademais, estes pares están encadeados normalmente polo procedemento do "leixa-pren" (o segundo verso da primeira estrofa é o primeiro da terceira, o segundo da segunda é o primeiro da cuarta, etc.). Só aparece en cantigas con estrutura de dístico. O esquema seguido é abR-a'b'R/bcR-b'c'R/cdR-c'd'R...

[editar] Sistemas de variacións

Unida á repetición atópanse variacións que permiten a progresión do pensamento e evitan a monotonía externa que se puder derivar do paralelismo. Aparecen dentro do paralelismo literal e respostan a tres tipos básicos:

  • Por sinonimia ou semi-sinonima (dormir / folgar, ferir / tirar)
  • Por alteración sintáctica (andar vi / vi andar)
  • Por equivalencia semántica, mediante a negación do concepto oposto (leixa-las guarir / non as quer matar)

O paralelismo pode ser por repetición ou por substitución

[editar] Exemplos de paralelismo por inversión e por substitución

[editar] Paralelismo por substitución

Nunha cantiga de amor (o normal é que se dea na cantiga de amigo)

Em Lixboa, sobre lo mar
barcas novas mandei lavrar,
ai mia senhor querida.


Em Lixboa, sobre lo ler
barcas novas mandei fazer,
ai mia senhor querida.
... (Joan Zorro)

[editar] Paralelismo por inversión

Mandad'ei comigo,
ca ven meu amigo;
e irei, madr', a Vigo


Comigu'ei mandado,
ca ven meu amado;
e irei, madr', a Vigo
... (Martín Codax)

[editar] Outros exemplos

  • En Otero Pedrayo (Os señores da terra). Construcións paralelísticas:
  • En Santos a trasfega e a cobranza das rendas do viño, acabazado ou non. No inverno a decota dos valentes carballos, a matanza dos porcos. (páxina 82)
  • ...criados e criadas, rapaces e rapazas [...] xente de axuda e de xornal (páxina 82).
  • Miro os meus dedos (verso 1) / Miro nos meus dedos (verso 5)
  • Todo agora é silencio (versos 9 e 12)

Véxase Figuras estilísticas

Outras linguas
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com