Paleontoloxía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A paleontoloxía é a ciencia que trata do estudo dos organismos desaparecidos, a partir dos seus restos fósiles (ou sexa, dos restos mineralizados de seres vivos ou vestixios de vida de organismos que existiran durante a historia da vida na Terra).
A partir dos fósiles, poden ser datadas as rochas, permitindo entender mellor a evolución ata os seres vivos actuais. Inversamente, a partir dos seres vivos actuais pódese descubrir algo sobre os fósiles ("o presente é a chave do pasado" Lyell). A partir dos fósiles pódese facer a datación relativa das rochas sedimentares.
Por veces, divídese a paleontoloxía en dúas ramas:
Tamén se pode dividir a paleontoloxía en:
- Macropaleontoloxía - Restos ou vestixios macroscópicos de organismos (animais ou vexetais).
- Micropaleontoloxía - Restos ou vestixios microscópicos (menores do que 2mm) de organismos.
Ainda fica unha subdivisión da paleobotánica e da micropaleontoloxía: a palinoloxía, o estudo dos restos de polen fósilizados.
Esta división provén do feito de durante moitos anos os seres vivos seren clasificados quer como plantas - e estudados polos botánicos - quer como animais - estudados polos zooloxistas.
Os arqueólogos diferéncianse dos paleontólogos porque, alén de tamén estudaren restos fosilizados de plantas e animais, procuran comprender as actividades humanas en determinado período da historia da Terra. A Paleontoloxía xeralmente non está preocupada con estas cuestións.
[editar] Véxase tamén
- Evolución biolóxica
- Megafauna
[editar] Paleontólogos
[editar] Referencias
- Grinpach : O grupo de investigacións paleontolóxicas de Chile.