Pérgamo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A antiga cidade de Pérgamo estaba situada no noroeste de Asia Menor (actual Turquía), a 30 km da costa do mar Exeo e frente á illa de Lesbos, na rexión chamada Misia. As súas ruínas rodean a actual cidade de Bergama, construída sobre o que foi a parte baixa de Pérgamo.
Existiu desde o século V a.C., mais só no período helenístico foi importante por tornarse sede da dinastía atálida. Posuía unha biblioteca de prestixio que perdía en importancia só coa Biblioteca de Alexandría. En Pérgamo surxíu o pergamiño.