Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Jacques Yves Cousteau - Wikipedia

Jacques Yves Cousteau

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Jacques-Yves Cousteau en 1976.
Agrandado
Jacques-Yves Cousteau en 1976.

Jacques-Yves Cousteau (11 de xuño, 1910 – 25 xuño, 1997) foi un oficial naval francés, explorador, ecoloxista, cineasta e investigador que estudiou o mar e todas as formas de vida acuáticas. Desenvolveu o equipo de buceo aqua-lung, foi pioneiro na conservación mariña e era membro da Académie française.

Cousteau naceu en Saint André de Cubzac, Francia e morreu en París, Francia. É comunmente coñecido en Francia como le commandant Cousteau ("Comandante Cousteau"). Mundialmente, era coñecido como Jacques Cousteau ou Capitán Cousteau.

Índice

[editar] Historia persoal

Jacques-Yves Cousteau naceu en Saint André de Cubzac fillo de Daniel Cousteau (un abogado) e Elizabeth Cousteau.

  • 12 de xuño 1937: Casa con Simone Melchoir.
  • 1938: Nace o seu fillo Jean-Michel Cousteau.
  • 1940: Nace o seu fillo Phillipe Cousteau.
  • 1967: Nace o seu neto Fabien Cousteau (fillo de Jean-Michel Cousteau).
  • 1979: Morre o seu fillo Phillipe Cousteau nun accidente de helicóptero.
  • 1 de decembro 1990: Morre de cáncer a sua esposa Simone].
  • xuño 1991: Casa con Francine Triplet. Máis tarde teñen unha filla, Diane Cousteau, e un fillo, Pierre-Yves Cousteau.

Morre o 25 de xuño de 1997 á idade de 87 anos dun ataque ó corazón mentras se recuperaba dunha enfermidade respiratoria. Está enterrado na parcela da familia Cousteau no cemiterio de Saint-André-de-Cubzac, Francia.

[editar] Vida temprana

En 1930, Cousteau foi admitido na Escola Naval de Brest e se convertiu nun oficial de artillería da Armada Francesa, o que lle deu a oportunidade de facer os seus primeiros experimentos submarinos. Estaba entreando para ser piloto, pero un serio accidente de coche puxo fin á sua carreira na aviación. En 1936 probou un modelo de gafas submarinas, quizás o antecesor das modernas máscaras de submarinismo.

En 1937 casou con Simone Melchior. Participou na Segunda Guerra Mundial, e durante o conflicto encontrou tempo de ser co-inventor, con Emile Gagnan, do primeiro tipo de equipamento de submarinismo SCUBA, o aqua-lung en 1943. Entre as cousas que lle motivaron para desenrolar un sistema eficiente de respiración submarina encóntranse dous accidentes de toxicidade do osíxeno que tivo antes cun reciclador de aire.

Despois da Segunda Guerra Mundial, sendo todavía un oficial naval, desenrola técnicas para a limpeza das minas dos portos franceses. Tamén explora hundimentos de barcos.

Explorou unha profunda cova submarina en Vaucluse, Francia; durante a exploración tivo dificultades extras posto que confiara nun informe anterior dun mergullador estándar que se mergullara alí, pero ese informe provou ser moi inexacto ou ficción.

Nesta exploración fixo unha película chamada Épaves (= "hundimentos mariños"). Mentras planeaba facela, encontrouse con que na escasez da posguerra, os carretes de película non podían ser comprados, así que a sua esposa tivo que facer os carretes pegando decenas de pequenos carretes de cámaras de xoguete para nenos. Mostrar esta película foi crucial para persuadir á Armada Francesa de facer oficial a súa cápsula de submarinismo.

[editar] Exploración no Calypso

En 1950 pouco despois do seu 40 cumpleanos, Loel Guinness (que fora nomeado presidente das campañas oceanográficas francesas) comprou o barco dragaminasCalypso que pertencera á mariña británica, cando estaba facendo o servicio de ferri entre Malta e Gozo. Guinness arrendouno a Cousteau pola simbólica cifra dun franco ó ano.

No Calypso Cousteau visitou as augas máis interesantes do planeta, incluindo algúns rios. Durante estos viaxes produciu moitos libros e películas. Coustou gañou tres Oscars por O Mundo Silencioso (1956), O peixe dourado, e Mundo sen Sol (1964), así coma moitos outros premios de primeira categoría incluindo a Palma de Ouro en 1956 no Festival de Cannes. O seu traballo tivo moita repercusión na popularización do coñecimento da bioloxía submarina, traballo que foi amosado na serie documental O Mundo Submarino de Jacques Cousteau que comezou en 1968.

A mediados da década de 1950, Cousteau traballara con Luis Marden a bordo do Calypso, no que foron pioneiros nas novas técnicas de fotografía submarina. En 1963, xunto con Jean de Wouters, Cousteau desenvolveu a cámara submarina chamada "Calypso-Phot", patente que lle foi logo vendida a Nikon para se converter na "Calypso-Nikkor" e logo na Nikonos. Xunto con Jean Mollard, creou o SP-350, un submarino para dous pasaxeiros que podía alcanzar unha profundidade de 350 m por debaixo da superficio do océano. O experimento foi un éxito e foi repetido en 1965 con dous submarinos que alcanzaron os 500 m de profundidade.

En 1957, Cousteau foi nomeado director do Museo Oceanográfico en Mónaco, creou o Grupo Underseas Research en Toulon, foi o líder do programa de submarinismo Conshelf Saturation (experimentos de inmersión a largo plazo, as primeiras colonias submarinas habitadas) e foi un dos poucos extranxeiros admitidos na Academia Americana das Ciencias.

[editar] Conservación Mariña

A popularidade de Cousteau foi aumentando. En outubro de 1960, unha gran cantidade de residuo radiactivo ia ser desbotada ó mar por EURATOM. Cousteau organizou unha campaña publicitaria que gañou o apoio popular. O tren transportando os residuos foi detido por mulleres e nenos sentados nas vías, e foi levado de volta ó lugar de orixe. O risco foi evitado. Mentras isto tiña lugar, un home do goberno francés dixo de forma falsa a un periódico que Cousteou aprovara os vertidos; Cousteau conseguíu que o periódico correxira o artículo.

En novembro de 1960 en Mónaco unha visita oficial do presidente francés Charles de Gaulle converteuse nun debate do ocurrido en outubro de 1960 e nos experimentos nucleares en xeral. O embaixador francés suxerira ó Príncipe Rainiero que evitara o tema, pero o presidente pedíulle a Cousteau de forma amistosa que fora considerado cos investigadores nucleares, e Cousteau respondeu: "Non, señor, son os vosos investigadores os que deben ser considerados con nós". Durante esta discusión, Cousteau diuse conta de que a razón dos experimentos e investigación franceses era a negación dos Estados Unidos de compartir os secretos atómicos cos seus aliados.

En 1973, xunto cos seus fillos, e Frederick Hyman, quen foi o primeiro presidente, creou a Sociedade Cousteau para a protección da vida nos océanos; hoxe ten máis de 300.000 membros.

En 1977, xunto con Peter Scott, recibíu o galardón medio ambiental das Nacións Unidas.

En 1985 recibíu a Medalla da Liberdade do presidente Ronald Reagan.

En 1992 foi invitado a Rio de Janeiro, Brazil, para a conferencia internacional das Nacións Unidas sobre o medio ambiente e o progreso, e logo converteuse nun asesor regular das Nacións Unidas e do Banco Mundial.

[editar] Véxase tamén

  • Submarinismo

[editar] Vínculos externos

[editar] Na galipedia

Citas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com